lunes, 9 de septiembre de 2019

VOLTA AO COLE!!!

LEANDRO LAMAS

Desde o Equipo de Biblioteca desexámosvos un feliz curso 2019-2020. Comezamos un novo curso escolar con novas ilusións para a nosa biblioteca, novos proxectos e novas actividades que seguro que farán que todo o alumnado vexades a lectura como unha actividade gratificante e frutífera.
Benvidos!!!

viernes, 10 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS


"REFERENTE" DO GALEGUISMO. O académico que encabezou a candidatura gañadora, Francisco Díaz-Fierros, erixiu ao historiador e xeógrafo como unha "figura do galeguismo", referente "xa non só polo seu talante ético de defensa permanente do galego, senón pola súa capacidade de transmitir estes sentimentos a todo o mundo". Ademais, destacou os máis de 300 libros e traballos que desenvolveu Antón Fraguas, unha "obra importante e de densidade" na que mostrou un galego "tan particular, tan auténtico, tan sencillo y tan cariñoso" que "no hubo nadie, quizás, que lo hiciese de esa forma tan personal y directa", ha expresado. Y es que Antón Fraguas, según el académico, recuperó "la voz del pueblo": "Llegó en el momento preciso para recoger los pilares de nuestra cultura, nuestro mundo, el mundo campesino que ya estaba desapareciendo". (europapress/Galicia) - Desde o CEE "Nosa señora do Rosario" de A Coruña - Primavera das letras. Biografía de Antón Fraguas, fichas didácticas, material para  colorear, antropoloxía, cantigas, toponimia, arquitectura popular...PICA. - Museo do Pobo Galego. AQUI - Libros sobre Antón Fraguas:


- O Portal Da Lingua Galega PICA. Actividades dinamizadoras nos centros, muy interesante!!!

- Unha chea de cousas  superinteresantes desde noso BLOGGER Dinamización da Lingua.

viernes, 29 de marzo de 2019

ABRIL MES DOS LIBROS

No cole, como todos os anos, o mes de abril dedicámolo dunha forma moi especial aos libros. Comezamos desde o día 2 co Día Internacional do Libro Infantil e continuamos ata finais do mes celebrando o 23 de abril o Día do Libro. Durante todo o mes iremos poñendo as actividades que vaiamos realizar.


- FEIRA DE NOVIDADES


CEIP "A PONTE"-OURENSE by Slidely Slideshow

- Unha das nosas actividades preferidas. Os nosos padriños e madriñas lectores escolleron os seus libros preferidos e léronllos aos seus atentos afillados.
CEIP "A PONTE"-OURENSE by Slidely Slideshow

-  Unha contacontos moi especial visitounos o día 24, chámase Elisa Maneiro e tróuxonos o seu libro "A fórmula da Felicidade". A través da súa divertida historia sabemos a fórmula da felicidade ...ser positivos, aprender do noso erros para ser mellores, e comprender que as nosas emocións teñen as súas funcións.
Elisa grazas polo teu libro, pasámonolo xenial.




- Todos os recreos sacamos os libros ao patio, pero durante esta semana a variedade de libros que escollemos é moito maior, e tamén é maior a festa que se organiza ao redor deles. 



- Dentro de Encontros co Autor o alumnado de 4º,5ºe 6º recibimos unha interesante  visita, a de  Hector  Cajaraville.
Podes picar  AQUI ou ir ao noso  gadget da barra lateral esquerda "Encontros co Autor"








Día Internacional do Libro Infantil 2019: Os libros inspiran pausa.

Desde o 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil con esta iniciativa preténdese familiarizar aos nenos e as nenas de todas as idades co mundo do libro, e con iso mellorar o hábito da lectura.
Cada ano, un país ten a oportunidade de ser patrocinador internacional do Día do Libro Infantil e selecciona, un escritor e un ilustrador nacionais, para que elaboran a mensaxe dirixida a todos os nenos, e o cartel que se distribúe por todo o mundo, así como a celebración nas bibliotecas, centros escolares, ou librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Lituania, que difunde a mensaxe e a ilustración de Kę stutis Kasparavič ius.
 - Folleto, con información adicional sobre o autor e o ilustrador.

miércoles, 27 de marzo de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE


Na edición 2019 do Día das Artes Galegas, que se celebrará como todos os anos o 1 de abril, A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) escolleuse a Luís Seoane (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979), como figura homenaxeada.
Seoane sucede ao Mestre Mateo (2015), Castelao (2016), Maruxa Mallo (2017) e Alejandro de la Sota (2018). Con este recoñecemento, a Academia busca afondar nas múltiples facetas do artista.
A institución destaca a Luís Seoane como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor foi "esencial no Laboratorio de Formas e na creación dunha nova imaxe de Galicia baseada na interacción tradición-innovación a través das industrias da memoria, como Sargadelos ou O Castro".

- Biografía e obras de Luís Seoane desde "Fundación Luís Seoane". AQUÍ