viernes, 13 de octubre de 2023

Día das Escritoras 2023

 O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademáis, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 

O lema deste ano: "O pracer, a alegría e a risa das mulleres" "co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

 
Dende a nosa  biblioteca propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas:
    Exposición no corredor anexo a biblioteca de obras de autoras galegas, que se poden subir ás aulas para ler fragamentos, capítulos... na Hora de Ler.
    Coñecendo ás nosas escritoras que imos ler:  Queremos profundizar un pouco máis na vida e na obra de diferentes autoras que forman parte dos itinerarios lectores.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario