sábado, 13 de enero de 2024

Proxecto Sensorial "El libro Negro de los colores"

 O próximo luns o alumnado de 4º,5º e 6º participaran nun taller coloquio da ONCE, polo que dende a bibliblioteca quixemos por en marcha unha proposta de actividades para sensibilizar ao alumnado  no mundo da discapacidade visual. Con esta actividades pretendemos traballar a empatia e fomentar valores como a tolerancia e a igualdad.

Actividades:

O meu nome en Braille: pretendemos que os nenos e nenas escriban o seu nome co sistema braille.

Mensaxes secretos: os alumnos mais maiores elaboraran os mensaxes que desexen en braille.

"Na pel do outro": no ximnasio prepararemos un pequeno recorrido con obstaculos. Formaremos parellas donde un adopta o rol de cego (cun antifaz) e o outro de guía. Os neno/as cegos acompañados dos seus compañeiros/as guía, deberan realizar este recorrido.

"El libro negro de los colores": elaboramos un pequeno proxecto sensorial seguindo  este libro que expusemos no corredor anexo a biblioteca. Este libro é unha invitación a "ver" de xeito diferente as cousas, que a gran maioría nos entra polos ollos.

O narrador desta historia é Tomás, quen non pode ver e, desde a escuridade, convida os lectores a descubrir as cores dun novo modo. Estes son para el miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Desde a escuridade dos seus ollos, Tomás convídanos a descubrir as cores sen velos.

No corredor  da biblioteca invitamos ao noso alumnado a descubrir as cores sen velas.

 
 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario