jueves, 5 de noviembre de 2026

Apertura biblioteca y formacion de usuarios

 Co motivo da celebración do "Día das Bibliotecas" que se celebra o 24 de outubro, durante a última semana de outubro levamos a cabo unhas sesións de formación de usuarios e usuarias dirixidas a todo o alumnado do centro, desde Educación Infantil ata 6.º de Educación Primaria.

Ao longo destas sesións, adaptadas ás diferentes idades, os noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer mellor a biblioteca escolar e descubrir como desenvolverse nela de maneira autónoma.

Aprendemos: como están organizados e colocados os libros, como buscar e localizar as nosas lecturas favoritas e como utilizar correctamente os diferentes espazos e recursos da biblioteca. Tamén lembramos algunhas normas básicas para gozar deste espazo compartido e coidar os libros que nos acompañarán ao longo do curso.

Estas sesións marcaron o punto de partida das actividades da nosa biblioteca escolar para este novo curso. 

Comezamos un novo curso de lecturas, descubrimentos e aventuras na BIBLIOPONTIÑA

Deixamosvos a continuacion imaxes destas sesións. Grazas aos compañeiros do equipo da biblioteca que fixeron posible esta actividade.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario