O Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas imos celebralo dunha maneira moi especial, unindo a ciencia co noso PDI de Arte.
Ao longo deste mes, o alumnado de Educación Infantil e Primaria realizará diferentes experimentos científicos relacionados coa luz e a cor, descubrindo como se mesturan as cores, como se transforman, como viaxan pola auga ou como a química pode crear sorprendentes efectos artísticos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario