miércoles, 18 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...

Esta preciosa ilustración é de Leandro  Lamas

Durante algúns días temos que estar na casa, por eso queremos propoñervos distintas actividades e recursos relacionados cos libros, a lectura, a cultura para facervos este tempo mais entretido. 

Iremos ampliando actividades e recursos.

Escoitamos contos: deixamosvos unha serie de contas de instagram que case todos os dias nos contan un conto ou unha historia:
@anayainfantil
@diariodeunamaestra
@wendholim
@megustaleerkids:la hora del cuento
Algunhas destas contas tamén nos propoñen novas lecturas e dannos a coñecer novos libros.

Neste conto coñeceremos a Rosa, quen nos vai contar algunhas cousa sobre o Coronavirus

- Incrible colección de audiolibros gratis para nenos e estudantes de todas as idades AQUÍ

- Selección de Cuentos GRATIS #YoMeQuedoEnCasa. PICA

-Día da poesía 2020 2019 2018 2017 2016 2015 2014

-Para  pasar mellor estes días difíciles # MAGIAENCASA para que poidas divertirte e emocionarte xunto á túa familia vendo incribles trucos de maxia dende o sofá da túa casa e totalmente gratis. MAXIA

-Descobre outra forma de ler libros, practica outros idiomas, coñece outras culturas e, ademais, xoga e divirtete. Aquí atoparás unha colección de libros con ilustracións que falan, animacións, son e música, que poderás ler e escoitar. É un recurso facilitado polo Ministerio de Cultura a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria. PICA
- En España a solidariedade dos autores de cómic non se fixo esperar, e son xa varios os que ofrecen gratuitamente publicacións en formato electrónico para axudar a soportar este confinamento.TEBEOS
- É un dos destinos turísticos máis apreciados da cidade de  Florencia, e recolle unha das máis antigas e recoñecidas coleccións do mundo. A falta de poder viaxar e visitala, aquí a posible visita virtual. GALERÍA UFFIZI
-   Musei  Vaticani, en Roma (Italia). As galerías e estancias, propiedade da igrexa, reciben a máis de seis millóns de visitantes cada ano.MUSEI VATICANI
Acrópole de Atenas (Grecia). Coñecida como a 'roca sacra', este monumento marabilla a todo o que ten a sorte de poder observalo de preto.ACRÓPOLE DE ATENAS

-Itinerario infantil no Museo do Prado. Itinerarios didácticos
Adaptaron a  audioguía infantil á nova web do Prado, para propoñer un percorrido aos máis novos da man de Margarita e os seus amigos. Unha verdadeira beleza.PICA  



lunes, 16 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA, DÍA DA ÁRBORÉ 21 DE MARZO. DÍA DA AUGA 22 DE MARZO.


En 1999 a UNESCO despois de consultar con varias institucións,  decidiu que o 21 de marzo, data na que comeza a primavera, estación moitas veces enxalzada por poetas de todos os tempos, podía ser unha boa data para conmemorar o Día Internacional da Poesía.

Este día ten como  propósito exaltar aos poetas, revitalizar tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, poñer en contacto a poesía e outras artes como o teatro, a música e a pintura, e facela  máis visible nos medios de comunicación. 

- Que é a poesía? mira este interesante vídeo.
 

- Recursos Didácticos para traballar a Poesía na aula. Moi interesante

- O Día Mundial da Poesía con acento galego.Aquí


O Día da Árbore e dos Bosques celébrase o 21 de marzo. Lémbranos a importancia de protexer as superficies arborizadas.
As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, minimizan os riscos de inundación, evitan a erosión.


O Día Mundial da auga, que se celebra o 22 de marzo de cada ano dende 1993, é unha celebración das Nacións Unidas que se centra na importancia da Auga Doce.
Con este día preténdese dar a coñecer a súa relevancia, así como crear conciencia sobre os 2.200 millóns de persoas que viven sen acceso a auga potable e buscar medidas para abordar a crise mundial da auga.
Sen auga, non hai vida.
Todos, deberiamos saber, que a auga é de gran importancia para todos os seres vivos; nalgúns organismos, ata o 90 % do seu peso corporal provén da auga. 
No caso do corpo humano vai desde un 85 % (cando nacemos) ata o 60 % na nosa etapa adulta.


miércoles, 4 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, ROSALÍA MULLER SENLLEIRA

Unindo esta data co día de Rosalia desexamos honrar a Rosalía de Castro, muller símbolo de Galiza, na conmemoración oficial do Día Internacional da Muller.

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, é unha xornada en todo o mundo de conmemoración do día 8 de marzo de 1908 no cal as traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York chamada Cotton declararon unha folga en protesta polas condicións insoportables de traballo. O dono non aceptou a folga e as obreiras ocuparon a fábrica. O dono pechou as portas e prendeu lume morrendo abrasadas as 129 traballadoras que había dentro.

 - Super interesante!!! Cen galegas que se non coñeces, deberías. PICA AQUÍ 
Científicas, empresarias, deportistas ou políticas. Son só algunhas das mulleres que fixeron e seguen facendo historia.

- Os Bolechas pola igualdade. PICA
- Recursos para traballar o Día da Muller na aula. AQUÍ

jueves, 20 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALIA 2020




A nosa poeta galega universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario o luns, día 24 de febrero. Cúmprense 183 anos de seu nacemento en Padrón e todas as asociacións culturais e institucións públicas galegas organizan actos de homenaxe a Rosalía.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas querídas.

O noso Equipo de Normalización ten preparado diferentes actividades que se irán desenvolvendo ao longo destes días e alongarase ata unila coa celebración do "Día da Muller". Desde a biblioteca do cole sumámonos ás actividades que se organizan desde Normalización.

Os libros o  Kamishibai e todo o material sobre Rosalía están ao dispor das aulas para o seu uso, e o alumnado que recitará os poemas de Rosalía serán, como afacemos, tanto de infantil como de de primaria. 

- Ao longo de todos estes días nos corredores, á beira da biblioteca, temos sobre unha amplas mesa, uns quebracabezas, tod@s os membros da comunidade educativa poden animarse e parar para descubrir a imaxes relacionadas con Rosalía que xorden deses quebracabezas unha vez feitos.
Ánimo...!!!


- Un ano máis o kamishibai percorreu as aulas do cole para contarnos a vida e obra se Rosalía, este ano foron os mozos e mozas de 2º. Resultou un éxito total!!!


- Que mellor forma de facer a entrada do cole, que escoitando aos nosos compañeiros e compañeiras ler poemas de Rosalia!!!





- A nosa exposición ten unha chea de libros moi interesantes. 





- Contacontos pola igualdade. Recibimos, de novo, a Sabela, como sempre estivemos moi entretidos e ademais fíxonos reflexionar sobre a igualdade.




- Obradoiro de igualdade.


Poderedes ter máis información se picades   AQUÍ


martes, 28 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020

"No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas."



Achégate o Día da PAZ a Biblio, Pontiña xa ten preparada una exposición de libros que tratan sobre A PAZ E A NON VIOLENCIA para todas as idades