En 1999 a UNESCO despois de consultar con varias institucións, decidiu que o 21 de marzo, data na que comeza a primavera, estación moitas veces enxalzada por poetas de todos os tempos, podía ser unha boa data para conmemorar o Día Internacional da Poesía.
Este día ten como propósito exaltar aos poetas, revitalizar tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, poñer en contacto a poesía e outras artes como o teatro, a música e a pintura, e facela máis visible nos medios de comunicación.
- Que é a poesía? mira este interesante vídeo.
- Recursos Didácticos para traballar a Poesía na aula. Moi interesante
- O Día Mundial da Poesía con acento galego.Aquí
O Día da Árbore e dos Bosques celébrase o 21 de marzo. Lémbranos a importancia de protexer as superficies arborizadas.
As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, minimizan os riscos de inundación, evitan a erosión.
As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, minimizan os riscos de inundación, evitan a erosión.
O Día Mundial da auga, que se celebra o 22 de marzo de cada ano dende 1993, é unha celebración das Nacións Unidas que se centra na importancia da Auga Doce.
Con este día preténdese dar a coñecer a súa relevancia, así como crear conciencia sobre os 2.200 millóns de persoas que viven sen acceso a auga potable e buscar medidas para abordar a crise mundial da auga.
Sen auga, non hai vida. Todos, deberiamos saber, que a auga é de gran importancia para todos os seres vivos; nalgúns organismos, ata o 90 % do seu peso corporal provén da auga.
No caso do corpo humano vai desde un 85 % (cando nacemos) ata o 60 % na nosa etapa adulta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario