domingo, 28 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

 Dende a biblioteca queremos celebrar o Día da Paz con accións significativas empregando os contos como ferraamentas para transmitir valores.

Debemos sembrar principios que perduren máis alá dun día, cultivando un mundo mellor a través das historias  e actos que inspiren a verdadeira PAZ.

Deixámosvos a continuación a nosa selección de lecturas para traballar nas aulas estes días.



martes, 23 de enero de 2024

PASAPALABRA POLO DÍA DA PAZ

Traémosvos un pasapalabra coa temática do Día da Paz, para que xogades e reflexionedes co voso alumnado os termos que saen neste rosco da Paz.

lunes, 22 de enero de 2024

Investigamos ós Premios Nobel da Paz

 Os alumnos e alumnas de 6º de EP estan investigando as persoas que recibiron o Premio Nobel da Paz dende 2023 cara atras.

Eles investiga e logo expoñenllo ó resto de compañeiros e compañeiras da aula, empregando o Libro Máxico. 

 

Aquí podedes ver algunha das presentacións e un vídeo con todos os traballos presentados:




lunes, 15 de enero de 2024

sábado, 13 de enero de 2024

Proxecto Sensorial "El libro Negro de los colores"

 O próximo luns o alumnado de 4º,5º e 6º participaran nun taller coloquio da ONCE, polo que dende a bibliblioteca quixemos por en marcha unha proposta de actividades para sensibilizar ao alumnado  no mundo da discapacidade visual. Con esta actividades pretendemos traballar a empatia e fomentar valores como a tolerancia e a igualdad.

Actividades:

O meu nome en Braille: pretendemos que os nenos e nenas escriban o seu nome co sistema braille.

Mensaxes secretos: os alumnos mais maiores elaboraran os mensaxes que desexen en braille.

"Na pel do outro": no ximnasio prepararemos un pequeno recorrido con obstaculos. Formaremos parellas donde un adopta o rol de cego (cun antifaz) e o outro de guía. Os neno/as cegos acompañados dos seus compañeiros/as guía, deberan realizar este recorrido.

"El libro negro de los colores": elaboramos un pequeno proxecto sensorial seguindo  este libro que expusemos no corredor anexo a biblioteca. Este libro é unha invitación a "ver" de xeito diferente as cousas, que a gran maioría nos entra polos ollos.

O narrador desta historia é Tomás, quen non pode ver e, desde a escuridade, convida os lectores a descubrir as cores dun novo modo. Estes son para el miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Desde a escuridade dos seus ollos, Tomás convídanos a descubrir as cores sen velos.

No corredor  da biblioteca invitamos ao noso alumnado a descubrir as cores sen velas.