martes, 28 de marzo de 2023

Encontro con: Pere Tobaruela

  Hoxe os nen@s de 6º de EP tiveron a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Pere Tobaruela, que nos veu a falar de do seu libro: "Formigas: Misión Rosalía" .

Todos pasaron un rato estupendo, e desde aquí queremos darlle as grazas a Pere Tobaruela por estar outra vez no noso cole. Clica na imaxe e poderas ver unha pequena selección das fotos do encontro

 


 

lunes, 27 de marzo de 2023

CELEBRAMOS A POESÍA CON CHARO GOLMAR

 Esta semana vamos ter a sorte de contar no cole con Charo Golmar, mestra e escritora que ven ó cole a presentarno o seu libro "No Bico do Vento"



Encontro coa autora: Maria Canosa

 Hoxe os nen@s de 1º de EP tiveron a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de María Canosa, que nos veu a falar de dous dos seus libros: "O día que choveu do revés" e "Unha fábrica de bicos" .

Todos pasaron un rato estupendo, e desde aquí queremos darlle as grazas a María Canosa por vir outra vez ao noso cole.


 


Antes de que viñese a autora os nen@s de 1º estiveron facendo uns debuxos para decorar a Bilblioteca



viernes, 10 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA


 Con motivo da Semana da Prensa na Escola, o alumnado de 4º EP traballou coa prensa na aula, inventou titulares e desenvolveu noticias fantásticas partindo destes. Todo elo baseándose nas técnicas para traballar a escritura creativa de Gianni Rodari.

 


 






miércoles, 8 de marzo de 2023

8M DÍA DA MULLER

 Para conmemorar o 8 de Marzo, propuxémoslle a aactividade:

     As Nosas Mulleres: cada alumn@ leva para casa unha silueta que representa a/as mulleres importantes para el/ela, decóraa creativamente e escribe sobre ela unha frase, un adxectivo, unha palabra que mellor a defina


Así quedou o noso mural:


 

Por outra banda as titorias tamén levaron a cabo diferentes traballos a partir da exposición de Literatura en Feminino que estaba situada no corredor anexo a biblioteca


 Deixámosvos unha pequena mostra dos traballos realizados