jueves, 24 de enero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

Como cada ano celebramos no noso centro o 30 de xaneiro o "Día da Paz", que como sabedes celébrase neste día polo aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Ademais das diversas actividades que imos organizar, nós desde a biblioteca, expuxemos unha morea de libro cuxos temas son o pacifismo, a solidariedade, os dereitos humanos...
Estes son algúns dos libros que podeis atopar sobre a paz coas novidades da biblioteca incluídas.
Segurísimo que vos interesa máis de un!!!







ACTIVIDADES

- Desde UNICEF actividades para celebrar o Día da Paz, UNICEF
- "Cómic da vida de Gandhi" ilustrado por alumnos do CEIP Gloria Fuertes.CÓMIC


miércoles, 23 de enero de 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2019

O Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro coincidindo co día do nacemento de Castelao, desde o seu instauración en 2014,. Cada ano é homenajeado un ilustrador histórico galego, ademais de recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.
Neste ano 2019, o protagonista é o vigués Federico Ribas, gran innovador da publicidade, moi soada no seu momento coas súas ilustracións para a empresa perfumería Gal e para a conservera Massó.


O cartel anunciador deste ano correu a cargo do ilustrador Santy Gutiérrez, cuxos traballos están ligados a campos tan diversos como o libro, o humor gráfico, a caricatura, a publicidade, o cómic e o deseño textil, e que colaborou coas máis importantes editoras do país e con empresas como Estrela Galicia, R ou Inditex.

Como parte da homenaxe, realizouse un pequeno vídeo de dous minutos cunha ollada á súa vida e obra.

martes, 8 de enero de 2019