martes, 31 de octubre de 2023

O SAMAIN

Esta semana celebramos o Samain no cole e denda a biblioteca participamos con distintas actividades.

Este é o cartel deste ano para o Samain:


Exposición de libros no corredor da biblioteca:


Contacontos:

Teatro de Sombras: Preme na imaxe:





miércoles, 25 de octubre de 2023

Saen as Mochilas Viaxeiras e Visitamos a Biblioteca do barrio

 Para celebrar o Día das Bibliotecas, puxemos en marcha as Mochilas viaxeiras dende 3 anos ata 4º de EP.

Este ano incluímos un xogo de mesa para xogar en familia.

Ademais os alum@s de 2º de EP participaron nunha actividade do promovida polo Concello "Visita a Biblioteca do barrio", pasaronno xenial e ademais de contacontos fixeron distintas actividades, chapas manualidades de Samain...




sábado, 21 de octubre de 2023

24 de Outubro Día das Bibliotecas

Esta semana dan comezo as actividades da biblioteca do cole. 

Non vos perdades o vídeo que fixeron os nos@s alumn@s de 6ºA coa súa titora (clica na imaxe para vero o vídeo)



jueves, 19 de octubre de 2023

DIA DAS BIBLIOTECAS: "TECENDO COMUNIDADES"

 O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas



"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.

viernes, 13 de octubre de 2023

Día das Escritoras 2023

 O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademáis, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 

O lema deste ano: "O pracer, a alegría e a risa das mulleres" "co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

 
Dende a nosa  biblioteca propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas:
    Exposición no corredor anexo a biblioteca de obras de autoras galegas, que se poden subir ás aulas para ler fragamentos, capítulos... na Hora de Ler.
    Coñecendo ás nosas escritoras que imos ler:  Queremos profundizar un pouco máis na vida e na obra de diferentes autoras que forman parte dos itinerarios lectores.
 

 

viernes, 6 de octubre de 2023

Unha Biblioteca Escolar en Viñetas

Este é o lema elexido para este curso para as Biblitecas Escolares, e quere poñer o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce lecgtor como no aprendizaxe curricular.

Debemos concienciarnos que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e a autonomía lectora grazas ao apoio visual.