lunes, 22 de abril de 2024

BOOKFACE

 Unha das actividades que se propuxeron foi a de realizar un BOOKFACE para celebrar o Día do Libro 2024

Aquí tedes as imaxes que nos fuchedes enviando:



domingo, 21 de abril de 2024

Semana do Libro

 O 23 de Abril celébrase o Día do Libro, e dende o cole e a biblioteca, van se levar a cabo diferentes actividades para conmemorar esta data. Iremos colgando imaxes das actividades que se programaron.





lunes, 8 de abril de 2024

Encontro con: Leticia Barbadillo

 Hoxe o alumnado de 5º EP  disfurtou dun encontro coa gañadora do Premio Merlin 2023: Leticia Barbadillo pola súa obra "A Botella de Lentellas".

A autora explicounos como foi creando as historias das lentellas que se contaban neste libro.


 

 


jueves, 4 de abril de 2024

BOOKFACE

 Co motivo da celebración do Día do Libro, a Bibliopontiña anímavos a que realicedes o voso propio e orixinal BOOKFACE

Sigue as instruccións que aparecen nesta imaxe e manda a tua foto á seguinte dirección de correo:

aponte.nenasnenos@gmail.com 

O prazo de presentación é do: 5 ao 19 de abril de 2024

Amimádevos e mandade a vosa foto, pasaredes un rato moi divertido durante o proceso.

Podedes ver exemplos nesta páxina de Pinterest


miércoles, 27 de marzo de 2024

Semana da Poesía

 Para commenorar esta data sacamos ao corredor da biblio, unha pequena escolma poética:

E propuxemos aos nosos/as compañeiros/as os seguintes talleres:



Os pequenos de infantil aprenderon a poesía de Gloria Fuertes "La cara de Doña Sara" e tamén a debuxaron


Os de 1º ciclo construiron pareados con pares de palabras que rimaban

Os de 2º ciclo tiñan que contruir versos a partir de Versos Roubados de outros poemas

E os do 3º ciclo contruían poemas con diversas estructuras gramaticais:


 E deixámosvos un pequeno resumo da nosa Semana da Poesía




viernes, 8 de marzo de 2024

#8 de Marzo: DÍA DA MULLER

 No cole estamos concienciados da necesidade de respeto e igualdade entre as persoas, sexa cual sexa o seu xénero.

Por eso queremos realizar un pequeno homenaxe ós logros das loitas das mulleres, a través de diseños cos patróns de hama bedads, cos simbolos de muller.

Lecturas que vos deixamos no corredor da biblioteca para levalas ás aulas

Deixámosvos a continuación un video co obradoiro que levamos a cabo este mes de marzo no recreo da biblio.



viernes, 1 de marzo de 2024

Encontro con Maria Canosa

 Hoxe o alumnado de 4º de EP tivo a sorte de poder ter un encontro na biblioteca do cole con María Canosa tras a lectura do libro "Rubicundo"


 Charlaron de como xurdiu Rubicundo e fixeronlle preguntas moi interesantes sobre a súa obra.

O alumnado agasallouno cun pequeno libro con debuxos e recibironna cunha imaxe moi especial da portada do seu libro.



jueves, 22 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro

 

Preme na nosa imaxe para escoitar a poesía proposta pola AELG para traballar nos centros educativos.

 

Como cada ano celebramos o Día de Rosalía sumándonos ás propostas do EDLG e propondo actividades para o alumando. Aqui podedes ver as actividades que vamos  a realizar durante esta semana, tanto nas aulas como nos recreos da biblioteca. (Agradecemos  a outras contas e profesionais que comparten o seu traballo desinteresadamente para que o poidamos empregar).

E para esta semana xa temos todo preparado para comezar a traballar

O amor pola patria galega:

Kamishibai para o alunnado de 1º a 4º de EP.


Poesía de Rosalía


Rosalia nos recreos: pica na imaxe e veras que ben o fixeron.



viernes, 16 de febrero de 2024

Dia da Muller e a nena na ciencia

Dende a Biblioteca e dende o centro traballamos esta data para visibilizar o traballo das mulleres na área científica e coñecer as dificultades  que atopan.

Como este ano coincidiu co entroido pensamos en alargar esta celebración o mes de febreiro.

As actividades que levaremos a cabo son as seguintes:

Selección de lecturas, expostas no corredor anexo a biblioteca:

Saída a Exxperimenta en Feminino: Podedes ver as fotos clicando na imaxe

 

Escornabot: Pasado e Presente da Muller na Ciencia:


 

viernes, 9 de febrero de 2024

Entroido creativo

 Ourense é terra de entroido por iso queriamos aproveitar o xogo para que o alumnado coñeza de forma creativa as nosas tradicións.

Contruimos dous taboleiros: un para EI (beebot) e outro para EP (escornabot). Aproveitamos o xogo dos bolechas de Pepe Carreiro e as súas mascaras e contruimos o noso propio xogo.

En EI tiñan un taboleiro coas mascaras propios do entroido (as máis próximas) e un dado. Tirando o dado saía unha mascara e os nenos/as tiñan que intentar adiviñar de donde era e levar o beebot ata ela.

En EP o taboleiro tiña un mapa da provincia e ao redor colocamos as máscaras do  xogo dos Bolechas, tamén tiñamos dous dados, un coas figuras e outro de xogo . Tiñan que tirar os dous dados e colocarse na máscara que corresponda. Sobre ela tiñan un código QR no que visionaban un vídeo e tiñan que averiguar a que lugar pertencia esa mascara, e levar o escornabot a ese lugar

O xogo en primaria ía cambiando en función das idades dos nenos e nenas, os maiores podían facer uso dos ordenadores para buscar a información que lles fixera falta para poder chegar antes.

O xogo estará na biblioteca ata o Domingo de Piñata.

Pica no cartel e veras máis fotos



domingo, 28 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

 Dende a biblioteca queremos celebrar o Día da Paz con accións significativas empregando os contos como ferraamentas para transmitir valores.

Debemos sembrar principios que perduren máis alá dun día, cultivando un mundo mellor a través das historias  e actos que inspiren a verdadeira PAZ.

Deixámosvos a continuación a nosa selección de lecturas para traballar nas aulas estes días.



martes, 23 de enero de 2024

PASAPALABRA POLO DÍA DA PAZ

Traémosvos un pasapalabra coa temática do Día da Paz, para que xogades e reflexionedes co voso alumnado os termos que saen neste rosco da Paz.

lunes, 22 de enero de 2024

Investigamos ós Premios Nobel da Paz

 Os alumnos e alumnas de 6º de EP estan investigando as persoas que recibiron o Premio Nobel da Paz dende 2023 cara atras.

Eles investiga e logo expoñenllo ó resto de compañeiros e compañeiras da aula, empregando o Libro Máxico. 

 

Aquí podedes ver algunha das presentacións e un vídeo con todos os traballos presentados:




lunes, 15 de enero de 2024

sábado, 13 de enero de 2024

Proxecto Sensorial "El libro Negro de los colores"

 O próximo luns o alumnado de 4º,5º e 6º participaran nun taller coloquio da ONCE, polo que dende a bibliblioteca quixemos por en marcha unha proposta de actividades para sensibilizar ao alumnado  no mundo da discapacidade visual. Con esta actividades pretendemos traballar a empatia e fomentar valores como a tolerancia e a igualdad.

Actividades:

O meu nome en Braille: pretendemos que os nenos e nenas escriban o seu nome co sistema braille.

Mensaxes secretos: os alumnos mais maiores elaboraran os mensaxes que desexen en braille.

"Na pel do outro": no ximnasio prepararemos un pequeno recorrido con obstaculos. Formaremos parellas donde un adopta o rol de cego (cun antifaz) e o outro de guía. Os neno/as cegos acompañados dos seus compañeiros/as guía, deberan realizar este recorrido.

"El libro negro de los colores": elaboramos un pequeno proxecto sensorial seguindo  este libro que expusemos no corredor anexo a biblioteca. Este libro é unha invitación a "ver" de xeito diferente as cousas, que a gran maioría nos entra polos ollos.

O narrador desta historia é Tomás, quen non pode ver e, desde a escuridade, convida os lectores a descubrir as cores dun novo modo. Estes son para el miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Desde a escuridade dos seus ollos, Tomás convídanos a descubrir as cores sen velos.

No corredor  da biblioteca invitamos ao noso alumnado a descubrir as cores sen velas.