viernes, 9 de febrero de 2024

Entroido creativo

 Ourense é terra de entroido por iso queriamos aproveitar o xogo para que o alumnado coñeza de forma creativa as nosas tradicións.

Contruimos dous taboleiros: un para EI (beebot) e outro para EP (escornabot). Aproveitamos o xogo dos bolechas de Pepe Carreiro e as súas mascaras e contruimos o noso propio xogo.

En EI tiñan un taboleiro coas mascaras propios do entroido (as máis próximas) e un dado. Tirando o dado saía unha mascara e os nenos/as tiñan que intentar adiviñar de donde era e levar o beebot ata ela.

En EP o taboleiro tiña un mapa da provincia e ao redor colocamos as máscaras do  xogo dos Bolechas, tamén tiñamos dous dados, un coas figuras e outro de xogo . Tiñan que tirar os dous dados e colocarse na máscara que corresponda. Sobre ela tiñan un código QR no que visionaban un vídeo e tiñan que averiguar a que lugar pertencia esa mascara, e levar o escornabot a ese lugar

O xogo en primaria ía cambiando en función das idades dos nenos e nenas, os maiores podían facer uso dos ordenadores para buscar a información que lles fixera falta para poder chegar antes.

O xogo estará na biblioteca ata o Domingo de Piñata.

Pica no cartel e veras máis fotos



No hay comentarios:

Publicar un comentario