Deixámosvos aquí a nosa selección de lecturas para o tempo de lecer.
BO DESCANSO
O alumnado de 5º de educación primaria participou durante este curso no Proxecto “Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo”a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Este programa pretende sensibilizar ao
alumnado, potenciando o valor dos ríos e concienciando sobre a importancia de
protexelos e conservar os seus ecosistemas.
A actividade consistiu na realización de
talleres no centro e saídas ao río e ao EDAR e concluiu cun congreso final onde
presentaron a outros centros participantes algúns dos seus traballos e
culminaron cunha canción.
Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotos
do proxecto e vídeos da presentación e a canción que presentaron no congreso.
A idea é darlle unha nova vida aos libros que saen dos nosos andeis, por que os libros teñan tantas vidas como lecturas.
O PDI deste anos xirou en torno os Oficios tradicionais Galegos. Este proxecto pretendia achegar ao alumnado á riqueza cultural e patrimonial da nosa comunidade, a través da investigación, a experimentación e a creatividade.
O obxectivo principal foi que coñecesen e valorasen os oficios tradicionais galegos como parte do nos patrimonio cultural.
Este tema serviu de fio conductor para as diferentes actividades que se fixeron ao longo do curso e durante o programa de 21 Días co Galego e mais.
Cada aula escolleu un oficio, e traballou sobre él durante o curso .Así as aulas convertéronse en: apicultores, cantareiras, zoqueiros, oleiros, costureiras, pulpeiras, panadeiros, labregos e carpinteiros.
A partir de xaneiro ambientamos o cole para este proxecto, con ferramentas e diferentes instrumentos que trouxeron os nen@s:
-Os mais pequenos do cole aprenderon sobre os apicultores, e recibiron a visita do pai, dunha alumna que é apicultor:
Este ano rematamos as actividades do mes do libro e das letras co concerto-contacontos de Paco Nogueiras, para o alumnado de EI do noso cole.
Damos as gracias a Kalandraka por un ano máis ofrecernos esta actividade que sempre é un éxito entre as nenas e os nenos e os non tan pequenos. ( Pica na imaxe)
En 1º de EP traballaron sobre a Tradición Oral e dividiron o seu traballo do seguinte xeito:
-No 1º Trimestre: Pescudaron información e traballaron sobre o ditos populares que coñecen do lugar no que viven.
-No 2º Trimestre: Recolleron información e buscaron refráns populares e o seu significado.
-No 3º Trimestre: Recolleron información e traballaron sobre as lendas de tradición oral.
En 2º de EP o seu proxecto baseouse na aprendizaxe de Cantigas Tradicionais Galegas, empregando a música como fío condutor. A súa finalidade foi o interese polo patrimonio cultural e a língua galega, logrando que o alumnado desenvolvera a expresión oral, musical o ritmo e o traballo en equipo, así como o gusto polas cantigas por estar conectadas coa súa contorna.
No 2º Ciclo o seu proxecto leva por título: “A nosa Lingua medra Xogando” co obxectivo fundamental de coñecer a nosa cultura e lingua a través dos xogos e aprender xogos orais. Dividiron o seu traballo do seguinte xeito:
-No 1º Trimestre: “Xogamos coa lingua”, empregando os recursos TIC, tiñan que recoller e organizar adiviñas e refráns populares galgos e aprender xogos de tradición oral.
-No 2º Trimestre: “Escolma de Xogos tradicionais” en grupos tiñan que escoller un xogo tradicional que lles gustase e investigar sobre él a través da rede e preparar unha pequena presentación.
-No 3º Trimestre: “Xogamos: confección dun xogo tradicional” cada grupo ten que crear un xogo artesanal en grupo.
En 5º EP levaron a cabo o "Proxecto Aldea 1926" coa finalidade de motivar ao alumnado cara o proxecto "21 Dias co Galego e máis" xa que o eixe do proxecto e o tema da biblioteca para este curso eran "Os oficios Tradicioanais Galegos"
O proxecto comeza cunha caixa misteriosa, que tiña unha carta que mandou o mesmisimo Marty MCFly, na que conta que viaxou a unha aldea preto de Ourense o 9/01/ 1926
Nesa aldea traballaba coma un labrego mais e pedialles ao alumnado que investigase sobre o Ourense desa época.
Nas semanas seguintes o alumnado aportou obxectos, informacion e imaxes daquela época. Aprenderon sobre os oficios tradicionais, das ponte de Ourense e tamén do proceso de unión do Concello de Ourense e de Ponte Canedo que comezou no ano 1926 e concluiu no 1943.
Todo o aprendido quedou reflectido neste mural:
En 6º De EP levaron a cabo proxectos por trimestres:
-Un dos proxectos foi a "Elaboración de xogos de mesa": primeiro fixeron un analise doutros xogos de emesa e logo elaboraron eles un xogo de preguntas con distintos niveis de dificultade: