lunes, 25 de mayo de 2026

Proxectos de centro dentro da materia Proxecto Competencial

 En 1º de EP  traballaron sobre a Tradición Oral e dividiron o seu traballo do seguinte xeito:

            -No 1º Trimestre: Pescudaron información e traballaron sobre o ditos populares que coñecen do lugar no que viven.

            -No 2º Trimestre: Recolleron información e buscaron refráns populares e o seu significado.

            -No 3º Trimestre: Recolleron información e traballaron sobre as lendas de tradición oral.


En 2º de EP o seu proxecto baseouse na aprendizaxe de Cantigas Tradicionais Galegas, empregando a música como fío condutor. A súa finalidade foi o interese polo patrimonio cultural e a língua galega, logrando que o alumnado desenvolvera a expresión oral, musical o ritmo e o traballo en equipo, así como o gusto polas cantigas  por estar conectadas coa súa contorna.


No 2º Ciclo o seu proxecto  leva por título: “A nosa Lingua medra Xogando” co obxectivo fundamental de coñecer a nosa cultura e lingua a través dos xogos e aprender xogos orais. Dividiron o seu traballo do seguinte xeito:

            -No 1º Trimestre: “Xogamos coa lingua”, empregando os recursos TIC, tiñan que recoller e organizar adiviñas e refráns populares galgos e aprender xogos de tradición oral.

            -No 2º Trimestre: “Escolma de Xogos tradicionais” en grupos tiñan que escoller un xogo tradicional que lles gustase e investigar sobre él a través da rede e preparar unha pequena presentación.

            -No 3º Trimestre: “Xogamos: confección dun xogo tradicional” cada grupo ten que crear un xogo artesanal en grupo.

En 5º EP levaron a cabo o "Proxecto Aldea 1926" coa finalidade de motivar ao alumnado cara o proxecto "21 Dias co Galego e máis" xa que o eixe do proxecto e o tema da biblioteca para este curso eran "Os oficios Tradicioanais Galegos" 

O proxecto comeza cunha caixa misteriosa, que tiña unha carta que mandou o mesmisimo Marty MCFly, na que conta  que viaxou a unha aldea preto de Ourense o 9/01/ 1926

                                         

                        

Nesa aldea traballaba coma un labrego mais e pedialles ao alumnado que investigase sobre o Ourense desa época.

                                                   

 Nas semanas seguintes o alumnado aportou obxectos, informacion e imaxes daquela época. Aprenderon sobre os oficios tradicionais, das ponte de Ourense e tamén do proceso de unión do Concello de Ourense e de Ponte Canedo que comezou no ano 1926 e concluiu no 1943.

                                     

 Todo o aprendido quedou reflectido neste mural:

                            

 

 

 

 

 

 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario