viernes, 17 de mayo de 2024

Makey makey Violino de Luísa Villalta

 Actividade STEAM para conmemorar o Día das Letras Galegas. Pensamos en facer un violín (o violino de Luísa Villalta) con material de refugallo e facer que soase a través da placa makey-makey.

Debuxamos en cartón un violín, pintámolos, pusémoslle as cordas con fio conductor atándoas a uns encadernadores de metal e tamén fixemos a vara con cartón e a corda con fío conductor.

En scratch progamamos o código para que a través da placa makey-makey soase, conectamos as placas ao ordenadores e aos violins e soaron. (Preme na imaxen)



sábado, 11 de mayo de 2024

Luísa Villalta: Letras Galegas 2024

 O día das Letras Galegas de 2024 esta adicado a Luísa Villalta (A Coruña 1957-A Coruña 2004) foi unha escritora, filóloga e violinista española. ​Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigo e tradución.

 A Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. 

​A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90".

Dende a Biblioteca propomos as seguintes actividades para celebrar o mes das Letras Galegas

Quen e quen das Letras Galegas? : trátase dun material feito con carton ( a idea xurde a partir das actividades propostas para o 8 M), no que se mostra a imaxe de diferentes autores homenaxeados nas letras galegas nos últimos 20 anos.


 Actividade de Robótica:  cos materiais do Seminario Galán

Tres en raia das Letras Galegas.

Montaxe:

Enlaces de interese para traballar  nas aulas:

O portal da lingua galega

Real Academia Galega 

Seminario Galán 

Primavera das Letras

Maria Canosa falando de Luísa Villalta 


lunes, 6 de mayo de 2024

Encontro con Érica Esmorís

 O alumnado de 3º de EP recibiu a visita da escritora Érica Esmorís, autora do seu libro de lectura de aula de este trimestre: "Patio de Luces".

Os nenos e nenas agasalláronna cun tendal de roupa no teito da biblioteca, e con debuxos do seu libro.

Falaron do libro, fixéronlle preguntas sobre o mesmo, e o final Érica levou a cabo a firma adicada dos  exemplares.

Moitas grazas Érica Esmorís por este fermoso encontro.



domingo, 5 de mayo de 2024

sábado, 4 de mayo de 2024