O próximo luns o alumnado de 4º,5º e 6º participaran nun taller coloquio da ONCE, polo que dende a bibliblioteca quixemos por en marcha unha proposta de actividades para sensibilizar ao alumnado no mundo da discapacidade visual. Con esta actividades pretendemos traballar a empatia e fomentar valores como a tolerancia e a igualdad.
Actividades:
O meu nome en Braille: pretendemos que os nenos e nenas escriban o seu nome co sistema braille.
Mensaxes secretos: os alumnos mais maiores elaboraran os mensaxes que desexen en braille.
"Na pel do outro": no ximnasio prepararemos un pequeno recorrido con obstaculos. Formaremos parellas donde un adopta o rol de cego (cun antifaz) e o outro de guía. Os neno/as cegos acompañados dos seus compañeiros/as guía, deberan realizar este recorrido.
"El libro negro de los colores": elaboramos un pequeno proxecto sensorial seguindo este libro que expusemos no corredor anexo a biblioteca. Este libro é unha invitación a "ver" de xeito diferente as cousas, que a gran maioría nos entra polos ollos.
O narrador desta historia é Tomás, quen non pode ver e, desde a escuridade, convida os lectores a descubrir as cores dun novo modo. Estes son para el miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Desde a escuridade dos seus ollos, Tomás convídanos a descubrir as cores sen velos.
No corredor da biblioteca invitamos ao noso alumnado a descubrir as cores sen velas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario