sábado, 17 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA, DÍA DA ÁRBORE, DÍA DA AUGA

Ilustración de Cosei Kawa
Día da Poesía, adoptado durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.




        Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademáis do simbolismo que  representan nas diferentes culturas.

·    Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.

· - Este linoit (panel de anuncios colaborativo) o fixeron na Aula de 6º B do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo (Culleredo)  

Día da poesía from Anxos bibliotequeira

- Como podemos reducir as inundacións, as secas e a contaminación do auga?
Usando as solucións que xa atopamos na natureza.

- As árbores e os bosques urbanos fan das nosas cidades lugares máis verdes, saudables e felices porque refrescan o aire, filtran as partículas contaminantes do aire e axudan a mitigar o cambio climático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario