Con esta bonita ilustración, queremos dar a benvida, ao Día da Poesía, o 21 de marzo, coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Norte. A data foi fixada pola Unesco en 1999.
Ilustración de Mónica Carretero. |
Froito do imaxinario tanto individual como colectivo, a poesía é un elemento permanente na construción da vida social, tanto como a música, a danza e as artes plásticas
A poesía axúdanos a convivir, resulta indispensable para o diálogo entre culturas e para a relación armoniosa entre distintas comunidades.
Nas súas formas escritas ou orais, a poesía pode ser instrumento de conservación, memoria viva dos pobos.
A poesía contribúe a diversidad creativa ao cuestionar de xeito sempre renovado o xeito en que usamos as palabras e as cousas, os nosos modos de percibir e interpretar a realidade.
Manuel María, "Rosas". Recitado de Manuel María
Rosalía de Castro "Negra Sombra" canta Luz Casal. A medida que a poesía de Rosalía alcanza a madurez, as sombras deixan de ser un elemento romántico para definir un estado existencial caracterizado pola dor e a tristeza. A propia existencia provoca angustia e así nace "a negra sombra"
poema de X. M. Álvarez Blázquez pertencente á obra "Roseira do teu mencer" adicado á súa filla Colorín. (Biblioteca Ceip Mestres Goldar)
Antonio García Teijeiro "Bicos na voz", esta colección de poemas contén unha homenaxe a Luís Eduardo Aute, un dos cantautores que máis influíron na concepción que Antonio ten da interrelación entre música e poesía .
Uxío Novoneyra evoca o outono neste fermoso e sinxelo poema "Caen as follas", nos transmite una grande sensibilidade. No vídeo está musicado por Emilio Cao.
Canción do poema que Federico García Lorca dedica á bellísima cidade de Santiago de Compostela. Federico García Lorca non era galego, pero escribiu un conxunto de poemas en homenaxe á poesía escrita neste idioma. A obra, chamada 'Seis poemas galegos' comeza con este 'Madrigal a Cibda de Santiago'
Recursos para o DÍA DA POESÍA
- Si picas aquí, irás a nosa entrada do 4 de febrero, poderás ter información sobre Antonio Machado, do que conmemoramos o 75 aniversario da súa morte este ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario