lunes, 3 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO.


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
 En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Queremos deixar aquí o noso pequeno gran de área, dedicándollo especialmente á muller na ciencia. .
"O MUNDO NECESITA CIENCIA... A CIENCIA NECESITA MULLERES"

 Materiais para traballar a coeducación:
- Abecedario das profesións,  ambos xéneros

 
               

- Nós creamos o mundo.Primaria
Karima ten 8 anos e cóntanos todo o que o seu profe lles explicou sobre o Día Internacional da Muller.

- Educando en igualdade. Guía para infantil.
Nesta guía atoparás propostas para actividades para as e os máis pequenos. Os estereotipos, as familias... todo un mundo por descubrir... en igualdade

- "Arturo y Clementina"
 
Unha lectura moi interesante que suscita o conto de Arturo e Clementina é a formación de identidade, o coñecerse e respectarse tal cal un é, de xeito de evitar adaptarnos a outro ou a outra situación anulando a propia identidade e personalidade.
Fai xa máis de trinta anos que Adela Turín publicou esta serie de libros na súa colección "A favor das nenas" e que hoxe día son e convertéronse en todo un referente e cuxa temática segue vigente. Libros que nos fan reflexionar e intentan limar discriminaciones, diferenzas e construír deste xeito un mundo mellor.
 
- "Don Caballito de Mar"
editoria Kókinos tráenos este libro de Eric Carle. Ademas de achegarnos ao marabilloso mundo dos animais do mar, Don caballito de mar vai percorrendo o fondo submarino e descubrindo como non é el o único pai que é responsable das súas cativas, senón que hai outras especies nas que o macho é o que se dedica ao coidado dos ovos que as femias puxeron.
 

-"Rosa Caramelo"

de Adela Turín , publicado en Lumen, moi apropiado para traballar ou xénero.
Unitaria de Vide. "Contos para ver e ler"

 


 
- Lim Mulleres e Ciencia
6º Curso Educación Primaria

-Video de Presuntos implicados.
"A muller que move o mundo".
 

 Mulleres que "moven" o mundo co seu traballo, o seu esforzo, co seu amor, coa súa dedicación. 
Homenaxe a todas as mulleres.



 


 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario