A entrada da primavera, ademais de traernos POESÍA, déixanos o Día Internacional dos Bosques
Ilustración de Snatalia Makarenco
O 21 de marzo é tamén o Día Internacional do Bosque, unha boa homenaxe pode ser, dedicar un tempo a ler algunha das moitas obras poéticas que hai sobre él.
Podemos empezar por este sentido poema de Manuel María que encabeza a fabulosa mostra, que hai na terceira planta, ensinándonos todo o proveito e coñecemento que podemos sacar dos nosos bosques e os danos que lles podemos causar.
Vídeo: A importancia dunha árbore.
Moitas veces non nos poñemos a pensar en todo o que significa unha árbore para os seres humanos e simplemente non facemos nada para consérvalos
Vídeo: nacemento dunha árbore.
Vídeo no cal pode apreciarse o proceso no que unha belota se empeza a transformar nun pequeno carballo. Unha grabación realizada ao longo de oito meses tomando unha imaxe en intervalos de dúas horas. No vídeo pode apreciarse como a semente comeza a abrirse durante os meses de inverno, en xaneiro comeza a xurdir a primeira raiz, en febreiro o primeiro brote comeza o seu ascenso cara ao exterior, saíndo á superficie en marzo, ese mesmo mes e en abril xa forma as súas primeiras follas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario