Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA MULLER. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA MULLER. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER, 8 DE MARZO



Malia que a igualdade entre xéneros e a non discriminación por razón de sexo sexan un dos principios esenciais na tarefa de educar, cando se achegan estas datas tan sinaladas non podemos pasar por alto dedicar un recordatorio a esta efemérides de tanta relevancia.

- Historia do Día da Muller. PICA
- Bibliografía comentada de 20 libros coeducativos escritos en galego e publicados desde 2005  (Montserrat Pena Presas).PICA
- LECTURAS PARA A IGUALDADE. lecturas que xiran arredor da igualdade de xénero. AQUÍ
- Álbum de mulleres. Centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas.   PICA 
- Marabillosa campaña da igualdade promovida polo Goberno Vasco con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

- UNIDADES DIDACTICAS: EN IGUALDADE NIN UN PASO ATRÁS PICAR
LIBRO LIM PARA EDUCACIÓN INFANTIL AQUÍ
- LIBRO LIM PARA PRIMER CICLO AQUÍ
- LIBRO LIM PARA 2º E 3º CICLO PICAR
- Relación de recursos para traballar a coeducación, Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.PICAR
- WebQuest elaborada polo profesorado do Centro Público Nosa Señora dos Anxos (Murcia) AQUÍ

viernes, 3 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER. 8 DE MARZO

 
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional Da Muller Traballadora. É un día moi especial, conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas.

RAPAZ E RAPAZA DE 6º, LENDO POEMAS DE ROSALÍA POR MEGAFONÍA

A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha Recompilación de recursos que elaborou co gallo deste día  entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e
mulleres nos ámbitos laboral, social e político. Este ano con Rosalía como Muller, Galega e Poeta

 
- Entra nesta estupenda recompilación de recursos elaborada pola mestra Mª Asunción García Álvarez. AQUÍ 
- Educando en igualdade, materiais para traballar na aula. PICA

 

jueves, 3 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER. 8 DE MARZO

Aproveitamos este día para lembrar ás mulleres, a todas  as mulleres,  nais, artistas, cantantes, pensadoras, matemáticas, deportistas, etc, pero especialmente da nosa cidade, da nosa comunidade e do noso país  que destacaron,  que foron importantes e que aínda o seguen sendo.
O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
As mulleres todas son traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera
amplamente á dos homes en todos os aspectos.
A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en
numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.


 CUADERNO DE VALORES E ACTIVIDADES.


- Cuaderno de educación en Valores. "Nosoutras Creamos Mundo". AQUÍ
- LIM "¿Conoces a Clara Campoamor?". O voto feminino. Autor: Antonio Fernández Romero. PICA AQUÍ
- LIM "Muller e ciencia". Autora: Nela Abella. PICA
- LIM "Mulleres que Fixeron Historia". Autora: Belén Junquera. AQUI
- Interesante video, dunha campaña publicitaria,  elaborada pola axencia creativa "Leo Burnett" de Chicago. Onde o obxectivo principal é fomentar a fortaleza da muller, apreciar o valor da frase "Like a Girl" (Como unha nena) e deixar de vela como un insulto.







-  INFOGRAFÍA: un longo camiño de máis de 100 anos para a conquista da igualdade



- As nosas entradas de anos anteriores: 2014, 2015

lunes, 2 de marzo de 2015

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Recordamos este día sobre una bonita ilustración de Mónica Carretero

Para conmemorar o día da muller traballadora, podemos xogar con "MULLERES  FAMOSAS GALEGAS", a súa presenza na historia, na ciencia, na cultura, na industria... na vida.

Estupendo traballo realizado pola biblioteca escolar do CEIP Milladoiro de Malpica.

PICA AQUÍ e verás a nosa entrada do ano pasado onde ademais de ler o porqué se dedica esta data como "Día Internacional da muller traballadora", poderás ver un bo número de recursos.
 

lunes, 3 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO.


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
 En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Queremos deixar aquí o noso pequeno gran de área, dedicándollo especialmente á muller na ciencia. .
"O MUNDO NECESITA CIENCIA... A CIENCIA NECESITA MULLERES"

 Materiais para traballar a coeducación:
- Abecedario das profesións,  ambos xéneros

 
               

- Nós creamos o mundo.Primaria
Karima ten 8 anos e cóntanos todo o que o seu profe lles explicou sobre o Día Internacional da Muller.

- Educando en igualdade. Guía para infantil.
Nesta guía atoparás propostas para actividades para as e os máis pequenos. Os estereotipos, as familias... todo un mundo por descubrir... en igualdade

- "Arturo y Clementina"
 
Unha lectura moi interesante que suscita o conto de Arturo e Clementina é a formación de identidade, o coñecerse e respectarse tal cal un é, de xeito de evitar adaptarnos a outro ou a outra situación anulando a propia identidade e personalidade.
Fai xa máis de trinta anos que Adela Turín publicou esta serie de libros na súa colección "A favor das nenas" e que hoxe día son e convertéronse en todo un referente e cuxa temática segue vigente. Libros que nos fan reflexionar e intentan limar discriminaciones, diferenzas e construír deste xeito un mundo mellor.
 
- "Don Caballito de Mar"
editoria Kókinos tráenos este libro de Eric Carle. Ademas de achegarnos ao marabilloso mundo dos animais do mar, Don caballito de mar vai percorrendo o fondo submarino e descubrindo como non é el o único pai que é responsable das súas cativas, senón que hai outras especies nas que o macho é o que se dedica ao coidado dos ovos que as femias puxeron.
 

-"Rosa Caramelo"

de Adela Turín , publicado en Lumen, moi apropiado para traballar ou xénero.
Unitaria de Vide. "Contos para ver e ler"

 


 
- Lim Mulleres e Ciencia
6º Curso Educación Primaria

-Video de Presuntos implicados.
"A muller que move o mundo".
 

 Mulleres que "moven" o mundo co seu traballo, o seu esforzo, co seu amor, coa súa dedicación. 
Homenaxe a todas as mulleres.