Outro ano ofertamos dende a biblioteca os Kamishibais de Nadal que temos para ser representados dende 4º ata 6º de EP para os máis pequenos.
jueves, 21 de diciembre de 2023
martes, 19 de diciembre de 2023
Recomendacións Lectoras para tempos de frío
Como cada ano deixamosvos as nosas recomendacións lectoras.
Acordádevos de que un libro sempre será un gran agasallo.
viernes, 15 de diciembre de 2023
lunes, 11 de diciembre de 2023
Obradoiro de Nadal
No mes de decembro nos recreos da biblioteca temos un recuncho para facer tarxetas e adornos navideños.
lunes, 4 de diciembre de 2023
3 de Decembro: DIA DA DISCAPACIDADE
Como cada ano invitámosvos dende a biblioteca a que pasedes pola biblioteca e subades ás vosas aulas, libros e contos para traballar este día cos/oas vosos/as alumnos/as.
A idea e inculcar no noso alumnado a idea de que TODOS TEMOS CAPACIDADES DIFERENTES.
sábado, 2 de diciembre de 2023
Teatro de sombras polo 25 de Novembro
O alumnado de 6º de EP representaron en teatro de sombras varios contos para os/as alumnos/as de EI
Clica na imaxe para ver máis
sábado, 25 de noviembre de 2023
25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Dende a biblioteca do cole sumámonos as actividades organizadas dende o centro. Por iso puxemos ao dispor dos nosos compañeiros e compañeiras unha seleccion de lecturas para traballar nas aulas, que nos falan de igualdade, de respeto, de bo trato entre iguais e de empatía.
Despois de traballar a Non Violencia e o Bo trato entre iguais propuxemos que cada un fixera unha chapa co seu lazo.
lunes, 20 de noviembre de 2023
jueves, 16 de noviembre de 2023
ACTIVIDADES MES DA CIENCIA EN GALEGO
A próxima semana comenzaran as actividades do mes da ciencia.
Cada aula recibirá de Pontiña unha carta co experimento que ten quue facer e unha caixa cos ingredientes necesarios para levalo a cabo.
Aquí tedes os experimentos das aulas:
domingo, 12 de noviembre de 2023
miércoles, 8 de noviembre de 2023
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2023
martes, 31 de octubre de 2023
O SAMAIN
Esta semana celebramos o Samain no cole e denda a biblioteca participamos con distintas actividades.
Este é o cartel deste ano para o Samain:
Exposición de libros no corredor da biblioteca:
Contacontos:
Teatro de Sombras: Preme na imaxe:
domingo, 29 de octubre de 2023
miércoles, 25 de octubre de 2023
Saen as Mochilas Viaxeiras e Visitamos a Biblioteca do barrio
Para celebrar o Día das Bibliotecas, puxemos en marcha as Mochilas viaxeiras dende 3 anos ata 4º de EP.
Este ano incluímos un xogo de mesa para xogar en familia.
Ademais os alum@s de 2º de EP participaron nunha actividade do promovida polo Concello "Visita a Biblioteca do barrio", pasaronno xenial e ademais de contacontos fixeron distintas actividades, chapas manualidades de Samain...
sábado, 21 de octubre de 2023
24 de Outubro Día das Bibliotecas
Esta semana dan comezo as actividades da biblioteca do cole.
Non vos perdades o vídeo que fixeron os nos@s alumn@s de 6ºA coa súa titora (clica na imaxe para vero o vídeo)
jueves, 19 de octubre de 2023
DIA DAS BIBLIOTECAS: "TECENDO COMUNIDADES"
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas
viernes, 13 de octubre de 2023
Día das Escritoras 2023
O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademáis, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
O lema deste ano: "O pracer, a alegría e a risa das mulleres" "co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio".
viernes, 6 de octubre de 2023
Unha Biblioteca Escolar en Viñetas
Debemos concienciarnos que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e a autonomía lectora grazas ao apoio visual.
lunes, 11 de septiembre de 2023
viernes, 16 de junio de 2023
Lecturas para o Verán
Chegaron as vacacións e con elas as nosas propostas de lecturas para o verán.
DISFRUTADE MOITO DESTE MERECIDO DESCANSO!
VÉMONOS EN SETEMBRO
viernes, 26 de mayo de 2023
I FEIRA DO LIBRO DO COLE
Hoxe comezou a nosa I Feira do Libro do cole de A Ponte. Os nenos/as dende 3º ata 6º puideron disfrutar de unha maña chea de contos, de poesía, de música e da visita dunha pesrsoa moi especial que xa estivo no noso cole: Charo Golmar.
Grazas a todos e todas os que fixestes posible celebrar esta Feira.
2º Día da Feira do Libro:
1º Día de Feira do Libro
Xa estamos preparados:
Rap da I Feira do Libro do Cole de A Ponte:
Sección de Libros Curiosos na Feira do Libro:
Preparándonos:
Os nosos alumnos e alumnas son uns artistas e crearon este poema para festexar a I Feira do Libro
Como vedes esto comeza a coller forma:
Encontro con: Miguel Anxo Alonso DIz
O venres os alumnos e alumnas de 4º de EP puideron disfrutar dun encontro co escritor Miguel Anxo Alonso Diz, despois de ler seu libro "Instrucións para ler un libro"
Foi un pracer contar con Miguel Anxo Alonso Diz, na nosa biblioteca.
jueves, 25 de mayo de 2023
Encontro con: Érica Esmorís
Hoxe os nen@s de 3º de EP tiveron a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Érica Esmoris, que nos veu a falar de do seu libro: "Patio de Luces".
Os nosos alumnos/as pasaron un rato estupendo, disfrutaron coa presentación do libros que nos fixo Érica, e agasallárona coas ilustracións que eles mesmos fixeron do libro.
miércoles, 17 de mayo de 2023
sábado, 13 de mayo de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
O Días das Letras Galegas de 2023 está adicado a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá 1913-Vigo 2010)
Francisco Fernández del Riego foi un ensaísta, narrador e editor galego. Traballou incansable a prol da nosa cultura durante tempos escuros, impulsando e dirixindo proxectos que fixeron medrar o país.
Dedícaselle o Día das Letras Galegas, 60 anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega.
A continuación deixámosvos unha serie de enlaces para que coñezades un pouco mais ó autor homenaxeado este ano:
https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego
https://www.youtube.com/playlist?list=PL2zWGrwz62bbS2QdsB3Blb5OXkLdjECz_
https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego/palabras
https://www.youtube.com/watch?v=jxvn39e-2a4
jueves, 4 de mayo de 2023
Encontro con : Ramón D. Veiga
Hoxe os nen@s de 2º de EP tiveron a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Ramón D. Veiga, que nos veu a falar de do seu libro: "Meigas Fóra".
Todos pasaron un rato estupendo, e desde aquí queremos darlle as grazas a Ramón D. Veiga por vir ao no noso cole.
sábado, 22 de abril de 2023
DÍA DO LIBRO
O 23 de Abril celebramos do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO en todo o mundo. É unha xornada para fomentar a lectura e para disfrutar da mesma dun xeito diferente.
Queremos deixar aquí o cartel do Día do Libro que se nos achega dende as Bibliotecas escolares de Galicia, así como o texto de Montse Pena Presas (profesora da Área de Didáctica de Lengua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela) quen baixo o lema “Dar de Ler” afonda no papel das mediadoras e mediadores no mundo lo libro.
"Dar de Ler"
viernes, 21 de abril de 2023
ACTIVIDADES DIA DO LIBRO
Como cada ano organizamos unha serie actividades para conmemorar e festexar o Dia do Libro.
Deixamosvos aquí a proposta das actividades que pronto veredes en imaxes:
ACTIVIDADES DE CENTRO:
Paco Nogueiras para o alumnado de EI.
O mércores 26 de Abril recibimos a visita de Paco Nogueiras, coa súa maleta chea de contos e música para celebrar cos máis pequenos o Día do Libro.
Os contos que nos contou e cantou: Dó re mi, Chibos chibón, Polo camiño, Imos cazar un oso, Mister Magnolia e Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés, están dispoñibles na Biblioteca, para que poidades disfrutar de novo deles.
Moitas grazas Paco Nogueiras, coma sempre, foi un pracer contar contigo no noso centro.
MEU LIBRO ESPECIAL É
APADRIÑAMENTOS LECTORES
ACTIVIDADES DAS AULAS:
Os nen@s de 1º A traballando no seu libro do itinerario lector:
Os nen@s de 5 anos son uns artistas, eles inventaron un conto, fixeron os debuxos, escribírono e agora cóntannolo a todos estade moi atentos
Conto da aula de 5anos B: enlace 1 e enlace 2
Conto da aula de 5 anos A (fai click na imaxe para ver o conto):