O 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xorde en 1964 dunha iniciativa do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios convertémonos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Conmemoramos o aniversario da morte do Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. Pica aquí para saber moitas mais cousas sobre GANDHI
A noción de "educación para a paz" foi impulsada pola Organización das Nacións Unidas na década de 1970 co propósito de formar ás novas xeracións nunha "cultura de paz", que permita aos homes resolver os conflitos a través do diálogo, a comprensión e a diversidade. Pretendese que os mais novos se familiaricen coas nocións de educación pola paz, e paz positiva.
- Para reflexionar sobre a Paz que mellor que informarnos sobre o último Premio Nobel da Paz, Malala e Satyarthi. Pica aquí e irás á nosa entrada sobre os Premio Nobel Da Paz 2014.
-No corredor, á beira da biblioteca, tedes unha selección de libros sobre esta data que esperamos que vos guste. Aquí vos deixámos un avance.
BIBLIOTECA CEIP "A PONTE" - OURENSE by Slidely Slideshow
- Deberiamos deixarnos levar sempre por un sentimento de empatía cara á dor allea, facer que o noso "leitmotiv" sexa "tratar os demais como a un mesmo"..., sobre este tema espero que gocedes con este curto
- Unha das formas en que podemos chegar a todos os lugares cos nosos bos desexos é, a través da música, a ver se vos gustan estes videos musicais!!!
John Lennon. "Imagine"
"Desaprender la guerra". Luis Guitarra.
- Preciosa Lenda de Sadako Sasaki e as mil grúas de origami.
Esta lenda remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima (Segunda Guerra Mundial)
"Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, o seu amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel ( papiroflexia), os deuses che concederán ese desexo que tanto anhelas.
Así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu moito antes de poder rematalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira pregar 644 grúas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguise a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.

"
Para os xaponeses a grúa ademais de paz, significa saúde.
- Contos para descargar
- Cuentos del Mundo. "IRENE EN EL SAHARA"
- Una Historia Verdadera. "WANGARI"
- Actividades e xogos sobre a PAZ
- Mulleres que son premio Nobel.MULLERES POLA PAZ
- Interesante UNIDADE DIDÁCTICA do día da paz de C.P. Manuel Pérez, entorno á Nai Teresa, Gandhi, M.L.King (biografías, Frases, fotografías, actividades).
- Este LIM, tamén o podes traballar en castelán e en ingles.
- Para os máis pequenos, actividades LIM para traballar as habilidades sociais
- Conto e actividades de WANGARI e as árbores da paz.
- Conto e actividades de WANGARI e as árbores da paz.
- Xogo de UNICEF para os "construtores" de PAZ.
- o xogo da "OCA"pola paz.
- vai estalar a PAZ!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario