viernes, 21 de diciembre de 2018
martes, 18 de diciembre de 2018
NADAL 2018!!!
Como todos os anos esperamos con moita ilusión estas datas, e como todos os anos expuxemos os libros que temos na biblio sobre o Nadal. Podedes atopar contos clásicos, manualidades, historias do Apalpador e moitas cousas mais. Estes días xa empezastes a curiosear, seguir buscando ese libro especial e recordar que moi pronto levardes para casa o tríptico con todas as ideas de lectura para as vacacións, tamén o poñeremos aquí.


Enlaces con recursos para poder traballar o Nadal:
- Mirade que deseños tan bonitos fixo LEANDRO LAMAS
- Cantigas do apalpador PICA
- A lenda do Apalpador AUDIO
- Conto, Antón e O Apalpador PICA
- Conto do Apalpador en pictogramas slideshare
- Refráns e ditos populares do Nadal AQUÍ
- Escolma de panxoliñas e o sitio web do Apalpador, na nosa entrada do 2017 PICA
jueves, 29 de noviembre de 2018
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE, 3 DE DECEMBRO
O obxetivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidad ten o obxectivo de sensibilizar á opinión pública sobre cuestión relacionadas coa diversidad funcional, fomentar a súa inclusión social e promover a igualdade de oportunidades.
Desde a nosa biblioteca queremos poñer o noso pequeño gran de area para recordar que os dereitos de todas as persoas deben ser respectados e que todos podemos ser vulnerables á discapacidade.
No noso cole temos compañeiros que teñen algún tipo de disCAPACIDADE, e sabemos que o que máis os define é a súa CAPACIDADE.
miércoles, 21 de noviembre de 2018
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO
![]() |
O NOSO CARTELIÑO TEN UNHA PRECIOSA ILUSTRACIÓN DE LEANDRO LAMAS. |
A escola, constitúe una plataforma excelente para a superación dos perxuícios sexistas e para a provocación dun cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais non desexables.
- Para ver a nosa entrada do ano pasado PICA AQUÍ
viernes, 16 de noviembre de 2018
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. 20 DE NOVEMBRO
Como cada 20 de novembro, este martes celébrase o Día Universal dos Dereitos Da Infancia. Unha xornada dedicada aos máis pequenos e na que se pretenden concienciar á cidadanía de que son o colectivo máis vulnerable. Tal e como recorda hoxe UNICEF é necesario chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar a diario polo seu benestar e desenvolvemento. |
- Recopilatorio superinteresante de curtos para animarnos a celebrar o Día Universal do Neno AQUÍ
|
lunes, 29 de octubre de 2018
SAMAÍN 2018
Xa
queda pouco para unha festa que nos gusta moito e que na biblio
celebramos con unha terrorífica decoración, uns arrepiantes
historias e unha exposición de libros sobre maxia, lendas...O
SAMAÍN.
- SAMAÍN A orixe da festa.
O Samaín, que significa novembro, ou fin do verán, celebrábase fai miles de anos en todo o territorio celta cara á noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, con motivo da conclusión da tempada de colleitas e a chegada do inverno. Os druidas, sacerdotes paganos dos celtas, consideraban esta data como un momento perfecto para reverenciar aos devanceiros que visitaban as súas antigas aldeas, e para iso se santificaban mediante ritos conducentes a lograr o seu intercesión.
- Actividades de Samaín para os pequenos:
Xoga con Pocoyo PICA
Manualidades Aquí
- Para os maiores:
miércoles, 24 de octubre de 2018
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR, 24 DE OUTUBRO.
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018-2019.
No
noso cole sabemos que a poesía é unha parte esencial de quen somos,
e hoxe, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, celebrámolo ao grande, levámonos a
biblio ao patio, sacamos das estanterías algún dos nosos libros de
poesía preferidos ,e recitamos
poemas en voz alta aos nosos compañeiro... así de animados
estabamos...
lunes, 15 de octubre de 2018
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"
![]() |
ILUSTRADORA, NURIA DÍAZ |
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... "
lunes, 1 de octubre de 2018
"PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2018"
Juan
Kruz Igerabide obtivo o "Premio Nacional de Literatura Infantil Y Juvenil" na súa edición 2018 pola súa obra Abezedario Titirijario.
O galardón concédeo o Ministerio de Cultura e Deporte para
distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das
linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano
2017.
O Xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra “pola maestría no uso dunha linguaxe poética que se nutre tanto da aliteración de ecos simbolistas, como do humor nonsense, o absurdo, a fantasía rodariana e ecos da tradición oral vasca”. A obra galardonada escrita en euskera, co título orixinal Letren txotxongiloa traducida ao galego como Abecedario monicredario.
O Xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra “pola maestría no uso dunha linguaxe poética que se nutre tanto da aliteración de ecos simbolistas, como do humor nonsense, o absurdo, a fantasía rodariana e ecos da tradición oral vasca”. A obra galardonada escrita en euskera, co título orixinal Letren txotxongiloa traducida ao galego como Abecedario monicredario.
- BIBLIOGRAFÍA DE JUAN KRUZ IGERABIDE
- ENTREVISTA A JUAN KRUZ IGERABIDE.
jueves, 6 de septiembre de 2018
BENVIDOS!!!
lunes, 9 de julio de 2018
LETRAS GALEGAS 2019, ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS
"O antropólogo, historiador e geógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999) foi finalmente a personalidade literaria elixida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día dás Letras Galegas de 2019. Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e maestría á antropología.
Cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento, segundo expresa a RAG. Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades dá Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica."
|
jueves, 21 de junio de 2018
RECOMENDACIONS VERÁN 2018
Logo dun curso repleto de tarefas, horarios e de levantarse cedo....merecémonos un descanso e... aquí están... nosas desexadas vacacións!!!
Agora poderemos descansar, gozar coa familia, os amigos, ir á piscina, á praia…
Deixámosvos algunhas suxestións para aproveitar estes longos dias de verán, collede un libro nas vosas man e recordade…
"Unha pequena lectura...unha gran aventura"
martes, 12 de junio de 2018
AXUDANTES DE BIBLIOTECA.
Todo o cole, e en especial o Equipo da Biblioteca, queremos dar as grazas, por a magnífica colaboración que prestaron na nosa Biblioteca, os nos@s Axudantes de Biblioteca, grazas pola vosa entrega, interés e bo facer, sen o voso traballo, non poderíamos realizar tantas cousas.
Despedimos aos de 6º, que van ao instituto, desexándolles que sexan moi felices nesta nova etapa que comezan.
Despedimos aos de 6º, que van ao instituto, desexándolles que sexan moi felices nesta nova etapa que comezan.
![]() |
Estela, Uxía, Elia, Salomé, Noa, Daniela,
Salma y Sabela.
|
![]() |
Johana, Carolina, Lucía, Uxía, Noé, Anxo, Xiana, Alejandra Zeltia, Miguel, Enzo, Lara, Salomé, Sabela, Antía. |
A tod@s boas vacacións, sede moi felices, e tede un libro sempre a man!!!
miércoles, 9 de mayo de 2018
LETRA GALEGAS 2018. MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ
Como todos os anos, na nosa biblioteca xa estamos cos preparativos para a celebración das nosas letras, AS LETRAS GALEGAS, este ano dedicado a María Victoria Moreno Márquez, non vos esquezades pasar pola exposición dos seus libros e achegarvos a súa obra.
Desde o noso blog "Dinamizacion da Lingua" poderedes seguir todas as actividades.
|
- Algúns dos seus libros.
- biografía sonorizada de María Victoria (por Patricia Sánchez Lamas). PICA
viernes, 13 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO. 23DE ABRIL
Cada 23 de abril celébrase o Día do Libro e son numerosas as actividades que se desenvolven durante a semana que rodea este día.
A nosa biblioteca, como todos os anos, está de gala, xa temos todo preparado para a celebración, esperamos que gocedes coa festa dos libros.
A bibliorecreo cada vez conta con máis seguidores!!!
Grazas aos noso voluntarios.
|
1.- Para
ver os autores que nos visitaron nos nosos "Encontros con
Autores/as", pincha no gadgets da nosa barra lateral dereita, ou pica AQUÍ
3.- Exposición de novidades "Feira do libro do Cole"
NOVIDADES DÍA DO LIBRO by Slidely Slideshow
5.- Aquí deixamosvos fotos da 7ª edición dos "Apadriñamentos lectores" ( iremos subindo máis en días sucesivos).
- Os nenos maiores de 6º, lenlle aos máis peques do cole, os de 3 anos
ACTIVIDADES:
- Caderno de actividades para traballar Don Quixote Da Mancha con nenos e nenas de primaria PICA.
- Mar Junco Martín crea este recurso, para alumn@s de Primaria, no que suscita tres retos INTERESANTE.
- UN PRODUCTO REVOLUCIONARIO.........!!!
- E TI, POR QUE LES?: Issuu elaborado pola biblioteca Bemilladoiro - Malpica. Contén as razóns para ler de importantes persoeiros, destacados nos eidos do deporte e da cultura en xeral, e forma parte do traballo colaborativo realizado polas Bibliotecas Escolares Galegas para o Día do Libro AQUÍ
- Partes do libro
- Partes do libro
-O por que deste día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)