Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO. 23DE ABRIL

Cada 23 de abril celébrase o Día do Libro e son numerosas as actividades que se desenvolven durante a semana que rodea este día.
A nosa biblioteca, como todos os anos, está de gala,  xa temos todo preparado para a celebración, esperamos que gocedes coa festa dos libros.




A bibliorecreo cada vez conta con máis seguidores!!!
Grazas aos noso voluntarios.

1.- Para ver os autores que nos visitaron nos nosos "Encontros con Autores/as", pincha no gadgets da nosa barra lateral dereita, ou pica AQUÍ
3.- Exposición de novidades "Feira do libro do Cole"


NOVIDADES DÍA DO LIBRO by Slidely Slideshow
5.-  Aquí deixamosvos fotos da 7ª edición dos "Apadriñamentos lectores" ( iremos subindo máis en días sucesivos).

- Os nenos maiores de 6º, lenlle aos máis peques do cole, os de 3 anos





- Os de 3º lenlle os de 1º




ACTIVIDADES:
Podemos facer preciosos Mini Libros AQUI.
Caderno de actividades para traballar Don Quixote Da Mancha con nenos e nenas de primaria PICA.
Mar Junco Martín crea este recurso, para alumn@s de Primaria, no que suscita tres retos INTERESANTE.

- UN PRODUCTO REVOLUCIONARIO.........!!!


- E TI, POR QUE LES?: Issuu elaborado pola biblioteca Bemilladoiro - Malpica. Contén as razóns para ler de importantes persoeiros, destacados nos eidos do deporte e da cultura en xeral, e forma parte do traballo colaborativo realizado polas Bibliotecas Escolares Galegas para o Día do Libro    AQUÍ

- Partes do libro

-O por que deste día.


martes, 18 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Os libros son un bo instrumento para compartir coa familia, que nos axuda a ampliar o vocabulario e a nosa linguaxe e permítenos pasar un bo intre e entretennos. Ademais, estimula a nosa imaxinación, permítenos achegarnos a outras culturas, permite que nos identifiquemos con outras persoas e permítenos coñecer máis sobre a nosa historia.
 
- Sabiades por que se celebra o Día Internacional do Libro o 23 de Abril?
- Sabiades que a idea de celebrar o 23 de abril como Día do Libro é unha idea española? PICA

 


Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia. 

  O libro... o mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 
Ano tras ano tentamos programar ao redor do día do libro múltiples actividades para gozar deste mundo. Queremos que sexan actividades, intimamente relacionadas co libro e a lectura  pero sobre todo entretidas e divertidas .
 
 
Esta entrada é un avance, a modo de resumo das próximas actividades previstas que desenvolveremos en breve co xa tradicional programa.
- Como todos os anos os padriños e madriñas recollerán aos  seus afillados e afilladas para buscar un recunchiño e lerlles vos libros elixidos con tanto esmero e coidado.
- Visitarannos,  Maria Menéndez Ponche, escritora coruñesa da que podemos seguir a súa traxectoria literaria  desde os máis pequenos ata os maiores. O compostelán Héctor Cajaraville, xornalista e corrector de orixinais no mundo editorial, e gañador en 2015 delPremio Xerais de Novela.
- A nosa estupenda Feira de novedades.
- Os top 10 do Meiga.
 
 
ENCOMEZAMOS A FESTA DOS LIBROS!!! 
 
 
- Nosa, moi visitada, FEIRA DO LIBRO.
 
 

- Encontro con...
A novelista María Menéndez Ponche, coñecida autora de numerosas obras literarias e creadora de Pupi, o extraterrestre azul que convive cos nenos e nenas de primeiro ciclo de Educación Primaria veu a visitar o noso centro. Que ilusión e que gran honra poder saudar a unha das autoras dos nosos libros favoritos! estivo no Colexio, facendo partícipe do seu amor pola literatura a todos os que estivemos con ela.
Sabedes que na nosa biblio "Pontiña" ten moitas obras de María esperandoos, temos a sorte de que escribe para todas as idades!
 
 



Moitas grazas Maria pola túa visita pasámolo xenial!!!

- Por fin chegou un dos nosos momentos preferidos...!!! ler e que nos lean...

Os mozos e mozas de 6º, léronlles aos de 3 anos


 
os nenos e nenas de 3º léronlles ao de 1º


viernes, 24 de abril de 2015

ABRIL MES DOS LIBROS, ACTIVIDADES.

 
 

Durante este mes de abril todos os cursos participaron, dunha forma ou outra, nas distintas actividades que se realizaron, e aínda se seguen realizando, no noso cole.

- Encontro coa autora Susana Lamela. PICA AQUÍ

- Encontro co músico e autor Paco Nogueira. PICA AQUÍ

- Encontro co escritor Fran Alonso. PICA AQUÍ

- Xuntanza extraordinaria do club de lectura sobre "O noso libro favorito". AQUÍ.

- A data do 23 de abril foi a escollida para entregar os, tan agardados!!!, premios do III Concurso de Contos de Medo.


CEIP "A PONTE"- OURENSE. ENTREGA PREMIOS CONTOS MEDO by Slidely Slideshow

- Exposición na biblioteca dos libros máis lidos no noso cole según os datos que constan no Programa Meiga.
 
 
 
 
- Unha das actividades, que realizamos con motivo da semana do libro, e que mais nos gustan a todos, é o apadriñamento lector.
os rapaces e rapazas maiores (3º,4º,5º,6º) escolleron un libro para lerllo aos seus afillados/a, os máis pequenos (3 años,4 anos, 5 anos), pasámolo genial...!!!
 

- Dentro de poucos días estará colocada na porta da nosa biblioteca a III Exposición de Fotografía "Eu Leo Con... ".
Xa veredes que fotos... Cómo nos gusta ler!!!
Moitas grazas por participar.


- Encontro co escritor e matemático Esteban Serrano Marugán. PICA AQUÍ


Segundo se vaian desenvolvendo as actividades, que aínda nos quedan para os seguintes días, irémolas mostrando.

sábado, 18 de abril de 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 
Un "libro" é un conxunto de papeis imprimidos que foron encadernados. As follas poden estar cosidas ou estar pegadas ao lombo, que á súa vez está unido a unhas tapas.
Unha vez levantada a tapa dianteira, en xeral, un libro consta de:
- Garda (unha páxina en branco, que en ocasións é máis grosa que as demais)
- Anteportada (onde figura o título da obra)
- Portada (onde aparecen o título, o autor e a editorial)
- Dedicatoria,
- Índice (aínda que ás veces pode estar ao final)
- Prólogo (en caso de telo).
O día 23 de abril celébrase o Día mundial do Libro.
 
Toda esta semana no corredor, ao lado da biblioteca, podes pescudar as ÚLTIMAS NOVIDADES que chegaron á nosa biblioteca. Hai libros preciosos e super interesantes ... ANÍMATE!!!
 


CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow

Actividades e Propostas:





Recursos:
- Propoñémosche unha manualidade. Como facer un Libro Secreto...
- E tí, para qué les? elaborado pola biblioteca do CEIP "Milladoiro".
- Recursos para o día do libro. Elaborado polo CEIP "Princesa de España"de Verín.
- Pequeno proxecto TIC, para 2º e 3 ciclo de primaria.

domingo, 27 de abril de 2014

ABRIL, MES DOS LIBROS.

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Un ano mais, unha das actividades que mais gozamos, durante, abril, o mes dos libros, é a de "Padrinos e Madrinas lectoras".
Os cursos dos maiores, escollemos un libro para o neno ou a nena á os que íamos ler . Aos pequenos gústalles moito que nós lles leamos, e a nós gústanos moitíiiiiisimo lerlles.
Foi estupendo!!!

CEIP "A PONTE" OURENSE (23/04/14) by Slidely Slideshow

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

Podemos atopar este "encontró" si picas na barra lateral dereita en "Encontros co aut@r", ou si  PICAS AQUÍ.
 
 
ENCONTRO CON ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

Outro interesante "encontro" é o que tivemos con Alfredo Gómez Cerdá, podes seguilo AQUÍ, ou en "Encontros co Aut@r" na nosa barra lateral dereita

EXPOSICIÓN "OS NOSOS LIBRIÑOS"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega invítanos a expor e ver, na entrada principal,  as "xoias" feitas polos nenos e nenas, e os carteis adicados ao Día do Libro coa cantiga "O LIBRO MÁXICO", todos os carteis convertiranse... nun libriño!!!

 
 
 
 
 
 

CLUB DE LECTURA "PONTIÑA"

Xuntanza Extraordinaria, sobre " O noso libro favorito". Esta entrada podemos atopala na barra lateral dereita en "Club de lectura", ou si PICAS AQUÍ.
 

ENCONTRO COA AUTORA TERESA ZATARAIN.

Podemos atopar esta entrada na barra lateral en "Encontros co aut@r" ou si PICAS AQUÍ.
 
 
VIDEOCONFERENCIA CON RAFAEL ORTEGA DE LA CRUZ.
 
Podemos atopala na barra lateral dereita en "Encontros co aut@r" ou si PICAS AQUÍ. 
 
 
ENCONTRO CON MANUEL RIVAS.
 
Esta entrada está na barra lateral en "Encontros co aut@r" ou  AQUÍ
 
 

EXPOSICIÓN DE NOVIDADES.

 
A partir do mércores 23, podemos coñecer a selección dos novos fondos da biblioteca. hai unha chea de libros interesantes para distintas idades, e distintos gustos.
 Párate e coñéceos!!





 
 

ENTREGA A BIBLIOTECA DE LIBRO "OS DEREITOS DOS NEN@"

 


Os nenos e nenas de 5 anos, para celebrar o día do libro, fixeron entrega "oficial" a biblioteca do colexio, dun precioso libro feito por eles co tema de "OS DEREITOS DOS NEN@S". Foi moi emocionante!. Si quéreo ver o noso libro PICA AQUÍ.
 
        

CONTACONTOS "OS COCIÑEIROS/AS"

O 30 de abril, os nosos nenos e nenas de 4 anos, seguindo cun tema traballado por eles e que lles encanta, gozaron dunha contacontos,

"Os cociñeiros/as"


 
 


 
 

II EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

"Eu leo aquí, Eu leo Así"

https://drive.google.com/file/d/0Bx668UZwH0-mN0MzWkYxdzFfV28/edit?usp=sharing