Dende a biblioteca seguimos conmemorando o Día da Paz co conto O Nacemento do Dragón.
Baseándonos nesta historia, na que os nenos/as de China lle declaran a guerra a guerra, fixemos un teatro de sombras chinescas. Así os nosos nenos/as descubriron que simboliza o Dragón en China. (pica na imaxe)
Grazas ao alumnado de 6ºA e a profe Susana que despois nos agasallou cun espectáculo de maxia.