sábado, 31 de mayo de 2025

As nosas tradicións: traballo da materia de Proxecto Competencial do alumnado de 4º EP

 O alumnado de 4º de EP levou a cabo dentro da materia de Proxecto Competencial un traballo de investigación sobre as tradicións galegas, que dividiron en varias fases ao longo dos tres trimestres e  do que  iremos dando conta no blog da biblioteca.

Aqui vos deixamos mostras do traballo que realizaron durante o curso:


 


As Familias contan

 Este ano en torno o mes do libro, xunto co equipo de EI do cole, puxemos en marcha esta actividade para as familias, que tivo moi boa acollida. Dende aquí queremos dar as gracias as mestras e as familias pola súa implicación. 



sábado, 17 de mayo de 2025

Letras Galegas 2025

 

As actividades que levamos a cabo para conmemorar este día foron as seguintes:

- "Dende Rosalía ata as cantareiras" espectáculo que une diversas técnicas, e pon en valor o  legado das mulleres homenaxeadas polas letras galegas.

-Activiade promovia pola AMPA na que se trata de acercar as cantareiras e as pandereteiras ao alumnado.

-Danza na praza:  o alumnado de 4º participou nesta actividade  organizada a partir dun grupo de traballo intercentro do CEFORE de Ourense.ENLACE

martes, 13 de mayo de 2025

Encontro con Eva Mejuto

 O alumnado de 1º tivo a sorte de poder encontrarse con Eva Mejuto polo Libro "Dez gatiñas viaxeiras", podedes ver imaxes do encontro, picando no cartel.


 

miércoles, 7 de mayo de 2025

jueves, 1 de mayo de 2025

Apadriñamentos lectores

 Unha das actividades que levamos a cabo polo dia do libro e a dos apadriñamentos lectores.

Os maiores van a buscar aos seus afillados e lenlles un conto, nun dos patios o na biblioteca.


 

 

Encontro con... Raquel Castro

 No ano dedicado ao teatro, o alumnado de 3º e 4º de EP leron duas obras de teatro de Raquel Castro: "A formiga fóra do carreiro" e as "Terapias da doutora Ledicia" e tivemos a gran sorte de poder contar con ela este mércores no cole.

Falou dos seus libros, respondeu as súas  dúbidas, e representaron esceas dos dous libros.