miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN EN GALICIA.

Por primeira vez, celébrase o Día da Ilustración en Galicia, o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao.

O autor do cartel, que conmemora o día da ilustración é o coruñés Miguelanxo Prado


Coa creación do Día da Ilustración, quérese destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración. A ilustración  deberia ter un espazo singular no Calendario do Libro e da Lectura”, este día nace con vocación de permanencia e que contribúa a darlle unha maior visibilidade á profesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario