martes, 4 de febrero de 2014

ANTONIO MACHADO, 75 ANOS DA SÚA MORTE

Antonio Machado (Sevilla 1875 - Colliure 1939),  é un autor español, de versos fermosos e de linguaxe transparente. A súa obra é un exemplo de calidade  literaria, de amor ao seu pobo e de fidelidade aos seus principios.
O 22 de febreiro cumpriranse 75 anos da morte de Antonio Machado en Collioure (Francia).
Desde o blog da biblioteca queremos achegarnos un pouquiño a súa vida e a súa obra.


Con este interesante vídeo podemos descubrir a sua vida

"Soñé que tu me llevabas", bonito poema de Antonio Machado, e música de Amancio Prada.


Creo que vos vai a gustar este poema "As moscas" que se  publicou no primeiro libro de poesía de ANTONIO MACHADO, "Soidades" ( publicado en 1907).
 As "familiares" e "vulgares" moscas que, malia a súa insignificancia, teñen o poder de evocar ao escritor recordos da infancia e a adolescencia


Antonio machado, quizais non escribiu directamente para nenos, pero, os seus poemas, si foron utilizados cos nenos, como se pode ver nos seguintes libros, onde seguro que gozardes da sua lectura.


"Antonio Machado y la mirada de Leonor",quizais vos interese este enlace, para traballar os aspectos literarios, históricos e artísticos en Antonio Machado.PICA AQUÍ

 
 
Antonio Machado, a finais de xaneiro de 1939, tivo que abandonar España e refuxiarse en Francia. Nun pobo, alén dos Pirineos, Collioure, escribiu o seu último verso;
Un caligrama (do francés calligramme) é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto imaginable relacionado cos temas dos que se fala.
É un tipo de poesía para mirar e contemplar ademais de ler.
 
 
 
 Interesante e diferente documental, a partir da figura de Antonio Machado. O cineasta Eduardo Chapero-Jackson, crea un ensaio visual entre a ficción e o documental, cheo de imaxes sugerentes.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario