lunes, 8 de septiembre de 2014

VOLTA AO COLE

Benvidos e benvidas ao novo curso,  logo dunhas merecidas vacacións, seguro que volvedes cargados de enerxía, coa ilusión do reencontró, e seguro con moitas ganas de aprender cousas novas e de pasalo moi ben.
A nosa biblioteca comeza un novo curso escolar con moita ilusión, e sobre todo, con moitas ganas de seguir fomentando a lectura.
Durante o curso actualizaremos os nosos fondos, dentro das nosas posibilidades, e traeremos actividades novedosas que esperemos que vos gusten e animen a ser uns grandes e entusiastas lectores e lectoras.

Esta preciosa canción "Cualquier noche puede salír el sol" canción de Jaume sisa (en catalán), interpretada por Joaquín Carbonell, versión en castelán de Joaquín Sabina, non está mal para acompañar o anuncio de que próximamente abrimos a biblioteca.


Saúdos do equipo de biblioteca

 
 

1 comentario:

  1. Gracias, Chelo, por descubrirnos esta cantiga tan bonita!!! ...e tan axeitada para a nosa Biblioteca!!!

    ResponderEliminar