jueves, 26 de marzo de 2015

A CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA.

Durante toda a semana pasada e parte desta, realizamos no cole, unha serie de actividades que nos permitiron, a todos, pero especialmente aos mais pequenos, un achegamento á poesía.
Deixamos aquí unhas fotos onde podemos ver parte desta celebración.
 

 
 

 
 
 
 
 



 
 
 
 
  @s mais pequen@s de 3 anos, non soamente escoitaron ás súas profes como recitaban, senón que traballaron sobre os vesos. Uns nen@s sobre o número 2, e outr@s sobre Un Mago preguiceiro e unha Fada coqueta, versos que a súa profe escribiu para el@s .





 















@s de 4 anos, durante a "hora de ler" estiveron atentos ás lecturas das súas profes, que lles recitaron poemas como "O Año Pitaño", "O león e o tambor", "La princesa está triste"...



 

 













@s nenos e nenas de 5 anos, uns aproveitaron a celebración do "Día Da Árbore", para traballar sobre un precioso poema de Tagore dedicado "á árbore". @s seus compañeiros , dedicaron as "horas de ler" para escoitar preciosas rimas, como as de Gloria Sánchez "Rimas con Letra".

 
@s maiores do cole, os de 6º, invitaron aos nenos e nenas de 1º, e na biblioteca recitáronlles un poema de Rubén Darío "A Margarita Debayle", para facelo mais entretido  proxectaron, de fondo, unhas imaxes sobre a historia, que os nenos e nenas de 1º, seguiron atentamente . Para darlles as grazas, os nenos e nenas de 1º, tamén lles recitaron a eles, "Dona Pitu Piturra" de Gloria Fuertes e "Agua San Marcos".



BIBLIOTECA CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow




Os rapaces e as rapaza de 5º, converteronse nuns excelentes haijin. O autor dun haiku recibe o nome de haijin.
Acompañárono, tamén, cun debuxo alusivo ao tema.
O haiku é unha forma de poesía tradicional xaponesa. Consiste nun poema breve, formado por tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas. O tema do haiku baséase na natureza.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario