miércoles, 1 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.


Moitas culturas, unha historia. Día Internacional do Libro Infantil 2015 .

O 2 de abril de 1805 naceu en Odense, Dinamarca, o escritor e poeta Hans Christian Andersen. Dende 1967, coincidindo con esta data, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co fin de promover os libros e a lectura.
Todos os anos, unha sección nacional do IBBY patrocina este día e elixe unha escritora ou escritor e unha ilustradora ou ilustrador para crear unha mensaxe que chegue a todos os lectores.
2015 é o ano de Emiratos Árabes Unidos. Nasim Abaeian foi a ilustradora elixida para deseñar o cartel e Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi escribiu a mensaxe deste ano que leva por título: "Moitas culturas, unha historia".

A continuación, engadimos parte da tradución do texto.

Moitas culturas, unha historia
Falamos idiomas diferentes e vimos de diferentes orixes, non obstante compartimos as mesmas historias.
Historias do mundo... contos tradicionais
Somos a mesma historia para todos nós
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero segue sendo a mesma...
Principio...
Argumento...
E final...
...

No hay comentarios:

Publicar un comentario