Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.


Moitas culturas, unha historia. Día Internacional do Libro Infantil 2015 .

O 2 de abril de 1805 naceu en Odense, Dinamarca, o escritor e poeta Hans Christian Andersen. Dende 1967, coincidindo con esta data, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co fin de promover os libros e a lectura.
Todos os anos, unha sección nacional do IBBY patrocina este día e elixe unha escritora ou escritor e unha ilustradora ou ilustrador para crear unha mensaxe que chegue a todos os lectores.
2015 é o ano de Emiratos Árabes Unidos. Nasim Abaeian foi a ilustradora elixida para deseñar o cartel e Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi escribiu a mensaxe deste ano que leva por título: "Moitas culturas, unha historia".

A continuación, engadimos parte da tradución do texto.

Moitas culturas, unha historia
Falamos idiomas diferentes e vimos de diferentes orixes, non obstante compartimos as mesmas historias.
Historias do mundo... contos tradicionais
Somos a mesma historia para todos nós
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero segue sendo a mesma...
Principio...
Argumento...
E final...
...

martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.


Desde 1967, arredor do 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros e para chamar a nosa atención sobre os libros para nenos.
 - PICA AQUÍ e podes ir a entrada do mes de decembro onde temos información sobre a vida e a obra de Andersen, así como un curto de Disney, adaptación do conto "A vendedora de mistos"

- PICA AQUÍ organización española para o libro infantil e xuvenil.
"Carta  aos nenos do mundo",  Siobhán Parkinson Autora, editora, tradutora e ganadora do premio Premio na nÓg .