A rede do ICOM elixe cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, cuxo obxectivo é compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade.
En 2015 o evento xirará en torno ao tema: Museos para unha sociedade sostible.
O tema Museos para unha sociedade sostible recoñece o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos desbaldidora, máis solidaria e que aproveite os recursos dun xeito máis respectuoso cos sistemas biolóxicos.
Aplicando este concepto de sociedade sostible aos museos, o tema do Día Internacional dos Museos pretende fomentar en toda a sociedade unha maior concienciación sobre as repercusións actuais da acción do home no noso planeta e das necesidades imperativas de cambiar o modelo económico e social.
(CONSELLO INTERNACIONAL DE MUSEOS)
- Vídeo superinteresante!!! Os museos foron parte da historia da humanidade dende hai máis de 2000 anos, pero non sempre foron como os que visitamos hoxe. No seguinte vídeo, de TED Ed, descobre a evolución dos museos.
-Queres xogar? Encontra, desenvolve a túa atención polo detalle! Busca nestas obras os elementos ocultos. Museo Del Prado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario