viernes, 11 de marzo de 2016
PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2016 " LA CASA", PACO ROCA
"La casa" (Astiberri), de Paco Roca(PICA), foi elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, un galardón que outorgan desde fai catro anos as librerías especializadas integradas en Zona Cómic, da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL).
"La Casa" é o cómic "máis persoal" de Roca, no que se reconcilia cos recordos e o que significa ser pai e fillo, unha idea que lle chegou cando estaba a acabar "Los surcos del azar", que tamén obtivo o premio de Zona Cómic.
Unha homenaxe ao seu pai, a partir do regreso de tres irmáns á casa familiar na que creceron, un ano despois da morte do seu pai, para vendela, Roca reflexiona sobre se o feito de desfacerse dos trastes
que contén supón desfacerse do pasado, do recordo do seu pai e do seu propio.
Con "La Casa", Paco Roca recupera o rexistro máis sociolóxico e familiar co que triunfou con Engurras (2007) e que lle levou a unha cima do mundo do cómic, ao gañar o Premio Nacional de Cómic en 2008, e do cinema, pois a súa adaptación como película de animación logrou dúas Goya en 2012 e un amplo percorrido internacional.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario