O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
- Canción. Ningunha mellor para iso que a mítica canción de Bob Dylan: "A resposta está no vento".
Era 1962, Bob Dylan tiña 21 anos, e compuxo "Blowin' In The Wind", todo un canto á compaixón, á paz e á liberdade. Unha canción emblemática, un poema de profundo impacto social, un pozo de riqueza que hoxe segue plenamente vixente..
Era 1962, Bob Dylan tiña 21 anos, e compuxo "Blowin' In The Wind", todo un canto á compaixón, á paz e á liberdade. Unha canción emblemática, un poema de profundo impacto social, un pozo de riqueza que hoxe segue plenamente vixente..
- Poema.
- Un libro. Un conto precioso "O soño de Picasso", no que nos conta a orixe da pomba da paz, que está tan presente nas obras de Picasso, así como fainos un percorrido polos distintos períodos artísticos do autor.
- Humor. Reflexións pola paz desde o humor gráfico. humoristas gráficos teñen unha capacidade especial para reflectir nos seus debuxos, con moi poucas palabra ou ningunha, moitos sentimentos sobre temas concretos.
- Un cadro "O Guernica" de Pablo Picasso.
Pica "O Guernica" de Picasso para colorear.
Aquí en varios tamaños podedes atopar, para descargar e colorear , "O Guernica" de Picasso.
- Unha Peli para cada idade
"Antz". Para os mais pequenos. O xeneral Mandible é unha formiga ambiciosa que trata de levar a todas as formigas á guerra contra as termitas a través da manipulación. Z-4196 é unha formiga que trata de evitar problemas e, namorado da raíña, busca Insectopía, un mítico lugar, onde se supón que todos os insectos son iguais e viven en harmonía. Pero Mandible trata de eliminar ás formigas máis débiles para crear unha nova colonia dos débiles e Z ao final demostrará a súa valentía opoñéndose ao tirano...
"Os mozos da choiva". Para os mais maiores. A película conta a historia dun mundo onde habitaban dous pobos inimigos, os Hydross e os Pyross, que foran un ao principio dos tempos, pero o "Separador" dividiunos e desde entón foron inimigos. Os líderes axitan ao pobo para que os soldados maten os seus inimigos, pero non están a contar toda a verdade . pero dous mozos namoraranse e tentarán cambiar o mundo de guerra no que viven, restablecendo a paz.
"A guerra dos botón". E unha película imprescindible para 6º. A última adaptación da guerra dos botóns, ambientada nun pobo francés durante a segunda guerra mundial. Os nen@s de dous pobos veciños viven enfrontados e libran unha batalla "A guerra dos botóns"... pero outra batalla líbrase en Francia e os nenos deberán colaborar para salvar a vida de Violette, unha nena xudía escondida no pobo.
- Achega a ver algún dos libros que temos na biblio sobre A Paz
- Achega a ver algún dos libros que temos na biblio sobre A Paz
No hay comentarios:
Publicar un comentario