Xa está
aquí unha dás nosas festas preferidas do ano, O Samain!!!
Época
para facer plans para ese arrepiante día. Disfraces, caramelos,
decoración, música, e contos, moitos contos, todo vira ao redor
dun tema central: o medo.
O alumnado desde 3 anos a 2º, esta mañá fomos á biblio, e
escoitamos, súper emocionados, á profe Igone que nos contou unha
historia terroríficamente divertida ‘A estraña visita’, un
conto rimado sobre a amizade que vén que nin pintado para estas
datas.
A
historia non nos deixou indiferente, a profe Igone conseguiu desde
o primeiro minuto captar a nosa atención.
Pasámolo
xenial!!! Trememos de medo!!!, e ademais, fíxonos pensar primeiro en
non ter medo e segundo en que a velliña quere ter unha visita, e
cando chega, non se fixa só nas aparencias e faise a súa amiga.
Berros,
risas e sustos retumban na nosa biblio durante todo O Samaín!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario