lunes, 27 de enero de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Cándido Fernández Mazas.


Xulia Pisón. Ilustradora do cartel. (A Coruña, 1985)
Ilustradora e debuxante de banda deseñada, cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Despois de editar varios cómics en formato fanzine, como McCactus, e de colaborar en diversas publicacións colectivas como Altar Mutante ou a antoloxía Licor café, en 2019 creou para a Universidade da Coruña o cómic de divulgación científica Microalgas – El mundo oculto. Como ilustradora ten realizado carteis para diversos eventos, como as Festas de María Pita da Coruña en 2017.

- ACTIVIDADES DÍA DE LA ILUSTRACIÓN 2020 EN OURENSE
Biblioteca pública de Ourense
Obradoiro de ilustración: Expresa tu mundo imaginario
Con Fatiropina
De 6 a 12 años
30 de enero a las 18:00
Inscripciones en el teléfono 988 788 386

Muestra: Los grandes ilustradores
Del 8 a 31 de enero 

ANÍMATE!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario