sábado, 17 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS


Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

  "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

 Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar as obras das Escritoras Galegas, rendíndolle unha pequena homenaxe a todas esas mulleres que coa súa obran fan que corramos unha chea de aventuras, que alimentan a nosa imaxinación e que nos fan pasar momentos moi agradables e divertidos.

Propoñemosvos o seguinte:

-Escollede unha escritora en Lingua Galega. Coñecemos moitas e algunhas xa viñeron ao cole, pero hai moitas mais...

-Investiga un pouco sobre a súa vida.

-Recolle un pequeno fragmento dunha das súas obras. (Narrativa, poesía, teatro..)

-Fai un pequeno debuxo do que ese texto che faga sentir.

Para axudarvos deixamosvos un enlace cunha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.

RECOMPILACIÓN DE ESCRITORAS GALEGAS

 2RECOMPILACIÓN DE ESCRITORAS GALEGAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario