lunes, 2 de noviembre de 2020

Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2020

 


“...chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo”. Xurxo Mariño Alfonso

 

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

 

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos  dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.

A continuación deixámosvos os seguintes enlaces:

MANIFESTO DE XURXO MARIÑO

FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS:

PINTEREST CIENCIA EN GALEGO

Na entrada da biblioteca, tedes expostas algunhas das obras que seleccionamos, para que coñecerades. Atoparedes libros de diferentes tipos relacionados coa física, a astronomía, as máquinas, a química....

GOZADE E APRENDEDE COA CIENCIA


No hay comentarios:

Publicar un comentario