No ano 2021 a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas é Xela Arias Castaño ( Sarria 1962- Vigo 2003).
Xela Arias foi unha escritora, editora, tradutora e profesora de Literatura. Comezou a traballar moi nova en Edicións Xerais, compaxinado este traballo con diversas colaboracións en publicacións como La Voz de Galicia, A nosa Terra ou o Faro de Vigo. Foi unha muller do seu tempo, comprometida co movemento feminista, co ecoloxismo e co pacifismo, que participou en diversos movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada ou Burla Negra. Entre as súas obras destacamos: "Darío a Diario", "Tigres coma Cabalos", "Intempérome", "Denuncia do Equilibrio" e "Non te amola". (Coleccion Mulleres Galegas: Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias. Lela edicións).
"O idioma é o principal signo dunha cultura. (...) Unha lingua ha medrar como a hedra, dándolle o sol e mailo aire" Xela Arias, "Paixon de militancia e escuros desertores". Revista de Filología Románica de la Universidade Complutense de Madrid nº6, 1989.
No hay comentarios:
Publicar un comentario