A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio M. Delgado Gurriarán, pola súa defensa do noso idioma e a nosa cultura.
Deixámosvos unha serie de recursos que podedes empregar para traballar estes días, en torno figura deste poeta valdeorrés, que escribiu poesia dedicada a súa terra e a reinvidicar o noso idioma e a nosa cultura.
Hector Cajaraville autor do libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade", fálanos no seguinte vídeo sobre este poeta.
Raúl Diz, compoñente do grupo "Os Amigos dos Musicos" Lanza un EP con cinco cancións as que lle pon música a cinco poemas Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903 – Fair Oaks, 1987), autor ao que se lle dedica neste 2022 o Día das Letras Galegas. 'De Córgomo a Fair Oaks' é o título baixo o que se presentan unhas cancións que viaxan, como fixo o poeta, dende terras galegas ata América. "Ao reiseñor", a canción que abre o álbum, é un poema de 1923 que permaneceu inédito ata 1999. Os outros catro poemas adaptados: "Liorta", "Miudezas". "Matanza", "Dores do agro" e "Aí vén o maio", pertencen á obra 'Bebedeira', publicada pola Editorial Nós en 1934. O álbum está editado por Todomedre e forma parte do catálogo da plataforma de difusión cultural galega A Regueifa 2.0.
Deixámosvos os enlaces para que os poidades escoitar cos vosos alumnos e eles nas súas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario