Nos recreos do mes de decembro vamos levar a cabo un obradoiro de adornos de Nadal. (Picade para ver máis imaxes)
viernes, 20 de diciembre de 2024
Obradoiro polo nadal
domingo, 15 de diciembre de 2024
Recomendacións lectoras polo Nadal
Como cada ano deixamosvos as nosas recomendacións lectoras para este nadal
Se queredes tamén podedes descargalo:
viernes, 13 de diciembre de 2024
lunes, 9 de diciembre de 2024
Kamishibai de Nadal
Un ano mais levamos a cabo esta actividade de lectura compartida dos maiores (4º,5ºe 6º) para os mais pequenos. Empregamos os contos de Nadal que temos para representalos a través do Kamishibai.
domingo, 8 de diciembre de 2024
MES DA CIENCIA EN GALEGO
En novembro celebrase o mes da ciencia nas bibliotecas, e a nosa Pontiña propúxolle ao noso alumnado Retos cientificos a realizar nas aulas durante a derradeira semana do mes de novembro.
E aquí tedes o resultado:
sábado, 30 de noviembre de 2024
Obradoiro mes de novembro
A biblioteca abriu as portas de novo no recreo a mediados do mes de novembro, e a proposta da actividade estaba relacionada coa data que se conmemoraba este mes. (Picade na imaxe e poderedes ver a actividade que fixemos)
martes, 26 de noviembre de 2024
25-N Día internacional para a eliminacion da violencia contra a muller
Dende a biblioteca, e dende o centro, un ano máis sumámonos a traballar nesta data valores de igualdade e convivencia co noso alumnado.
Este anos propuxemos @s nosos compañeir@s que logo de traballar cas lecturas propostas, creasen un slogan en contra da violencia de xénero e a favor do BO TRATO entre iguais.
O resultado desta actividade podedes velo no seguinte mural colaborativo (pica na imaxe)
domingo, 24 de noviembre de 2024
sábado, 16 de noviembre de 2024
Suxestions Lectoras 25N
O equipo da biblioteca deixou no corredor anexo a antiga biblioteca unha suxestions lectoras para traballar o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero.
Estan a disposicion de tod@s e podedes velos aquí (pincha na imaxe)
viernes, 15 de noviembre de 2024
APERTURA DA BIBLIOTECA
A biblioteca, xa esta casi que rematada, e por iso comenzan os recreos na biblioteca a partir do:
Martes 19 de novembro.
viernes, 8 de noviembre de 2024
viernes, 1 de noviembre de 2024
Reto creativo mes de outubro: Arañas Molonas
O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Polos Creativos recollemos o seguinte reto para este mes de outubro. Se picas na imaxe veras ás nosas araniñas.
miércoles, 30 de octubre de 2024
Contacontos polo Samain
Aínda que a biblioteca non esta reamtada por completo, arranxamos un pequeno espazo para que o alumnado de 1º e 2º de primaria poidera disfurtar de un pequeno contacontos de medo polo Samain.
Grazas a profe Elena e aos titores de 1º e 2º por participar nesta actividade organizada pola biblioteca.
Clica no cartel para ver máis imaxes.
lunes, 28 de octubre de 2024
viernes, 25 de octubre de 2024
Día das Bibliotecas 2024
Como cada 24 de outubro a Bibliopontiña súmase a celebración do Día das Bibliotecas, e fixémolo pondo en marcha as Mochilas e as Bolsas Viaxeiras dende 3 anos ata 4º EP.
Dende o equipo da biblioteca esperamos que disfrutedes en familia dos recursos que se achegan nas Mochilas Viaxeiras.jueves, 24 de octubre de 2024
Día das Bibliotecas Escolares: Por un futuro sostible
viernes, 18 de octubre de 2024
Exposicion temática de Samain
O equipo da biblioteca preparou unha exposición temática no corredor da antigua biblioteca para que o profesorado poida coller os libros que máis lle gusten e levalos ás aulas e que o alumnado poida gozar de contos de medo, bruxas, cabazas...
jueves, 12 de septiembre de 2024
Cerrada por reformas
Durante parte do primeiro trimestre o espazo físico da biblioteca permanecera pechado.
Como sabedes cambiamos a ubicación da biblioteca, e trasladámola ao salón de actos, polo que pasaremos parte do trimestre colocando todos os materiais e transformando o novo espazo.
Que estemos pechados físicamente non implica que non se poídan levar a cabo actividades, propostas de lecturas e de talleres da nosa biblioteca creativa.
Este ano tamén pásannos do Meiga a outro sistema de xestión da biblio, que sí nos vai retrasar o préstamo de libros directamente aos alumnos, pero si haberá prestamos ás aulas.
Polo que aínda pechados a bibliopontiña seguirá funcionando.
miércoles, 11 de septiembre de 2024
domingo, 23 de junio de 2024
sábado, 15 de junio de 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024
Un ano máis antes de que remate o curso queremos deixarvos as nosas recomendacións de lecturas para este verán.
Esperamos que disfurtedes moito neste tempo de lecer e vémonos de novo coa mesma ilusión e con novas lecturas o próximo curso. Descargar AQUI
miércoles, 12 de junio de 2024
Obradoiro de Xogos con BRAZOLINDA
Dentro do programa de Bibliotea Creativa este ano levamos a cabo un obradoiro de xogos.
Cremos que o xogo é unha fonte de aprendizaxe e por iso este ano levamos a cabo tanto PFPP de profesorado de xogos na biblioteca e este obradoiro de xogo para os nenos e nenas do cole.
Os participantes neste obradoiro foron os alumnos e alumnas de 2º e 3º de EP. (picade na imaxe para ver máis)
lunes, 10 de junio de 2024
Encontro con: Manuel Fontemoura
O luns día10 o alumnado de 6º de EP e os menbros do Club de lectura tivemos o pracer de contar na bibliopontiña con Manuel Fontemoura o escritor de "A nena do vestido de Flores", un libro que conta a realidade da vida dunha nena con TEA.
miércoles, 5 de junio de 2024
viernes, 17 de mayo de 2024
Makey makey Violino de Luísa Villalta
Actividade STEAM para conmemorar o Día das Letras Galegas. Pensamos en facer un violín (o violino de Luísa Villalta) con material de refugallo e facer que soase a través da placa makey-makey.
Debuxamos en cartón un violín, pintámolos, pusémoslle as cordas con fio conductor atándoas a uns encadernadores de metal e tamén fixemos a vara con cartón e a corda con fío conductor.
En scratch progamamos o código para que a través da placa makey-makey soase, conectamos as placas ao ordenadores e aos violins e soaron. (Preme na imaxen)
domingo, 12 de mayo de 2024
sábado, 11 de mayo de 2024
Luísa Villalta: Letras Galegas 2024
O día das Letras Galegas de 2024 esta adicado a Luísa Villalta (A Coruña 1957-A Coruña 2004) foi unha escritora, filóloga e violinista española. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigo e tradución.
A Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024.
A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90".
Dende a Biblioteca propomos as seguintes actividades para celebrar o mes das Letras Galegas
Quen e quen das Letras Galegas? : trátase dun material feito con carton ( a idea xurde a partir das actividades propostas para o 8 M), no que se mostra a imaxe de diferentes autores homenaxeados nas letras galegas nos últimos 20 anos.
Actividade de Robótica: cos materiais do Seminario Galán
Tres en raia das Letras Galegas.
Montaxe:
Enlaces de interese para traballar nas aulas:
Maria Canosa falando de Luísa Villalta
miércoles, 8 de mayo de 2024
GRAZAS pola vosa solidariedade
O equipo da biblioteca e o CEIP A Ponte quere dar as grazas as familias e ao alumnado pola súa colaboración e participación na actividade proposta do Mercadillo Solidario: (Pica na imaxe)
lunes, 6 de mayo de 2024
Encontro con Érica Esmorís
O alumnado de 3º de EP recibiu a visita da escritora Érica Esmorís, autora do seu libro de lectura de aula de este trimestre: "Patio de Luces".
Os nenos e nenas agasalláronna cun tendal de roupa no teito da biblioteca, e con debuxos do seu libro.
Falaron do libro, fixéronlle preguntas sobre o mesmo, e o final Érica levou a cabo a firma adicada dos exemplares.
Moitas grazas Érica Esmorís por este fermoso encontro.
domingo, 5 de mayo de 2024
Obradoiro mes de Maio
No mes das letras vamos a crear un chaveiros con fios de macramé e aprender a facer punto plano.
Ao final de mes picando na imaxe podedes ver os resultado do que fixemos.
sábado, 4 de mayo de 2024
martes, 30 de abril de 2024
Actividades Día do Libro: Conto colaborativo
Deixamosvos a continuación exemplos do conto colaborativo que se foron creando nas aulas:
En 6º de EP fixeron un Kamishibai:
Cómic de 4º de EP
lunes, 29 de abril de 2024
Sabela Gago no cole
Hoxe estivo no cole Sabela Gago co alumnado de 1º de EP.
Foi de novo un pracer, poder disfrutar dun conto da man de Sabela Gago.
Grazas a editorial SM por poder facer posible este contacontos
sábado, 27 de abril de 2024
Encontro con Jorge Campos
O venres o alumnado de 2ºA/B mantivo un encontro con Jorge Campos coa súa obra o "Capitán Lentella".
Pasaron un rato moi divertido e quedaronse en ver co segudo libro do "Capitan Lentella" que pronto sairá.
Apadriñamentos Lectores
Esta semana os maiores do cole facian de padriños e madriñas lectores/as para os pequenos deixámosvos a continuación unha mostra desta actividade