Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha
conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y
Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio
Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración
do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible",
pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as
tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias,
especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios,
as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor
informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da
necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas
xeracións futuras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario