jueves, 12 de septiembre de 2024

Cerrada por reformas

 

Durante parte do primeiro trimestre o espazo físico da biblioteca permanecera pechado.

Como sabedes cambiamos a  ubicación da biblioteca, e trasladámola ao salón de actos, polo que  pasaremos parte do trimestre colocando todos os materiais e transformando o novo espazo.

Que estemos pechados físicamente non implica que non se poídan levar a cabo actividades, propostas de lecturas e de talleres da nosa biblioteca creativa.

Este ano tamén pásannos do Meiga a outro sistema de xestión da biblio, que sí nos vai retrasar o préstamo de libros directamente aos alumnos, pero si haberá prestamos ás aulas.

Polo que aínda pechados a bibliopontiña seguirá funcionando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario