Rosalia tiña que ser a protagonista deste trimestre nas bolsas de traballo dos mais pequenos.
Asi que xuntamos a Rosalía e os Polos creativos e dimoslle forma
Mirade os resultados:
Rosalia tiña que ser a protagonista deste trimestre nas bolsas de traballo dos mais pequenos.
Asi que xuntamos a Rosalía e os Polos creativos e dimoslle forma
Mirade os resultados:
Na semana de Rosalía, aparcamos o obradoiro de amizade que estabamos a realizar, e comezamos un dedicado a Rosalía.
Tratase dunha actividade STEAM: coñecer a vida e a obra da autora e crear un pequeno circuito de papel. Empregamos: pilas de boton, un led e cinta de cobre.
Temos dous modelos: un sinxelo que surdiu do equipo da biblioteca, adaptamos o cubo que xurdiu en polos creativos polo "Día da muller e a nena na ciencia" e outro modelo que nos compartiron dende outro centro que é de @esenciadeaprender.
Este foi o resultado ( pica na imaxen):
No mes de febreiro para celebrar o mes da amizade, levamos a cabo unha actividade de pintura.
Pintamos corazóns de cartón, usando silicona para elevar as líneas, con acuarelas e logo agasallamos con eles aos nosos amig@s
Como cada ano celebramos o Día de Rosalía sumándonos ás propostas do EDLG e propondo actividades para o alumando. Aqui podedes ver as actividades que vamos a realizar durante esta semana, tanto nas aulas como nos recreos da biblioteca. (Agradecemos a outras contas e profesionais que comparten o seu traballo desinteresadamente para que o poidamos empregar).
E para esta semana xa temos todo preparado para comezar a traballarO amor pola patria galega:
Kamishibai para o alunnado de 1º a 4º de EP.
Poesía de Rosalía
Rosalia nos recreos: pica na imaxe e veras que ben o fixeron.
Dende a Biblioteca e dende o centro traballamos esta data para visibilizar o traballo das mulleres na área científica e coñecer as dificultades que atopan.
Como este ano coincidiu co entroido pensamos en alargar esta celebración o mes de febreiro.
As actividades que levaremos a cabo son as seguintes:
Selección de lecturas, expostas no corredor anexo a biblioteca:
Saída a Exxperimenta en Feminino: Podedes ver as fotos clicando na imaxe
Escornabot: Pasado e Presente da Muller na Ciencia:
Ourense é terra de entroido por iso queriamos aproveitar o xogo para que o alumnado coñeza de forma creativa as nosas tradicións.
Contruimos dous taboleiros: un para EI (beebot) e outro para EP (escornabot). Aproveitamos o xogo dos bolechas de Pepe Carreiro e as súas mascaras e contruimos o noso propio xogo.
En EI tiñan un taboleiro coas mascaras propios do entroido (as máis próximas) e un dado. Tirando o dado saía unha mascara e os nenos/as tiñan que intentar adiviñar de donde era e levar o beebot ata ela.
En EP o taboleiro tiña un mapa da provincia e ao redor colocamos as máscaras do xogo dos Bolechas, tamén tiñamos dous dados, un coas figuras e outro de xogo . Tiñan que tirar os dous dados e colocarse na máscara que corresponda. Sobre ela tiñan un código QR no que visionaban un vídeo e tiñan que averiguar a que lugar pertencia esa mascara, e levar o escornabot a ese lugar
O xogo en primaria ía cambiando en función das idades dos nenos e nenas, os maiores podían facer uso dos ordenadores para buscar a información que lles fixera falta para poder chegar antes.
O xogo estará na biblioteca ata o Domingo de Piñata.
Pica no cartel e veras máis fotos