miércoles, 30 de octubre de 2024

Contacontos polo Samain

 Aínda que a biblioteca non esta reamtada por completo, arranxamos un pequeno espazo para que o alumnado de 1º e 2º de primaria poidera disfurtar de un pequeno contacontos de medo polo Samain.

Grazas a profe Elena e aos titores de 1º e 2º por participar nesta actividade organizada pola biblioteca.

Clica no cartel para ver máis imaxes.



viernes, 25 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas 2024

 Como cada 24 de outubro a Bibliopontiña súmase a celebración do Día das Bibliotecas, e fixémolo pondo en marcha as Mochilas e as Bolsas Viaxeiras dende 3 anos ata 4º EP.

Dende o equipo da biblioteca esperamos que disfrutedes en familia dos recursos que se achegan nas Mochilas Viaxeiras.


jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas Escolares: Por un futuro sostible

 


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras. 

viernes, 18 de octubre de 2024

Exposicion temática de Samain

  O equipo da biblioteca preparou unha exposición temática no  corredor da antigua biblioteca para que o profesorado poida coller os libros que máis lle gusten e levalos ás aulas e que o alumnado poida gozar de contos de  medo, bruxas, cabazas...