O 8 de marzo celebrase o DIA DA MULLER.
Este ano e en relación co proxecto da biblioteca "Os oficios tradicionais galegos" queremos visibilizar e por en valor o papel fundamental das mulleres nestes oficios que son parte fundamental da economía da nosa terra.
Ademáis queremos aproveitar a semana da prensa para empregar o xornalismo para dar voz, investigar e converter en protagonistas a quen antes era "Invisible".
Aqui tedes unha mostra dos traballos das aulas
-Os nen@s de 5 anos traballaron a Elena Ferro e dedicaronlle a primeira plana do xornal "A voz da Ponte": Zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía.
-Os alumn@s de 1º investigaron sobre Purificación García: diseñadora de moda galega
Os alumnado de 3º e 4º investigaron o pasado e o presente de oficios de mulleres e fixeron duas revistas:
O alumnado de 6º A uniu as profesións de mulleres coa grabación de podcast e noticias sobre as mesmas e os seus oficios:











No hay comentarios:
Publicar un comentario