Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de octubre de 2017

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA.


Pontiña, aos poucos, está preparando a biblio para O Samaín e, aos poucos, achéganse a nosa biblio bruxas, meigas, pantasmas, esqueletes, momias, vampiros... todo para que poidades pasar un arrepiante Samain rodeados de arrepiantes libros.



- Vídeo didáctico sobre O Samaín con música de Mama Cabra desde Falamelide, a emisor de radío escolar do IES de Melide


lunes, 24 de octubre de 2016

SAMAIN 2016

Xa chega o SAMAÍN ao cole!!!
 
 


Un ano mais a biblioteca do cole dá medo...e un ano mais os libros de bruxas, apócemas, esqueletos, vampiros... saíron dos seus andeis para que todos os podámos ler.

- Deixámosvos aquí este SliedShare para que poidades ver unha chea de información curiosa sobre o samaín que fixeron os rapaces do CEIP O Carballal en Cabral.
 

O samain from YCobas

Samaín 2016. Materiais para Infantil e Primaria. Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización lingüística

martes, 27 de octubre de 2015

SAMAÍN NA BIBLIOTECA.

Como temos o Samaín tan cerquiña, fito máxico e ancestral no calendario celta, pensamos centrar a exposición de libros nese tema. Así durante uns días convivirán na nosa biblioteca bruxas, monstros, medos...

Como sempre, tentamos buscar libros para todas as idades.

 
Confiamos en que non vos dean demasiado medo...



 
Escollemos estas actividades para vós, desexamos que vos gusten.
- Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.


- Para os maiores. Texto sobre as orixes, as festas noutros países e moitas mais cousas. Ideal para saber mais sobre o Samaín. En PDF. (Escrito por Ventero e traducido por Norberto.)

- Gloster de Samaín. Elaborado por Rosa M. Rey). Que chulo!

- Decora cabazas.Aquí.

- Moitos xogos de samaín desde o colexio Clara Campoamor. EN INGLES.
- Manualidades. Art attack-casas encantadas i terroríficas.AQUÍ

miércoles, 29 de octubre de 2014

O SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA

 

O Samaín ou Samhain (etimoloxicamente "final do verán" e que nos idiomas gaélicos tamén se usaba para designar ao mes de "novembro") é un termo que perdura dende hai máis de 3000 anos e que tamén é usado en Irlanda. A tradicional noite de Samaín ten lugar entre o 31 de Outubro e o 1 de novembro, coincidindo co primeiro día do ano do calendario celta.


Os celtas celebraban a chegada do inverno ,e o ritual da última colleita. Asociaban esa noite co momento no que o mundo do sidh - o outro mundo celta - se abría ao mundo dos vivos, o que convertía a esta celebración no momento idóneo para recordar e render culto aos antecesores falecidos.

 
 Por un lado, para escorrentar aos espíritos e almas malignas expoñíanse as caveiras dos guerreiros vencidos nos cruzamentos de camiños e nos castros, que co tempo pasaron a ser substituídas por humanizadas cabazas con velas acendidas dentro.
 


 
Por outro lado, para os espíritos dos ancestros que viñan a visitar os seus antigos fogares e volvían camiñar sobre as súas terras, preparábanse alimentos como benvida e para que estivesen contentos (o que foi derivando no típico "truco ou trato" de nenos disfrazados). Á mañá comprobábase que os espíritos consumiran durante a penumbra aquelas bebidas e viandas, antes de volver ás súas tumbas ata o ano seguinte




GUÍA LECTURA PARA O SAMAÍN

 
 
 
 
Podes coller a ficha para escribir os teus contos de terror na biblioteca, e logo metelos dentro da furna que continuará alí, ata que sexan lidas polo xurado
 
 
 
 
 
 

- http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.HTML
- http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/halloween/wanda_cast/about.HTML
- http://www.starfall.com/n/holiday/halloween/play.htm?f
- http://www.juegaspeque.com/Simulacion/tarta_halloween.HTML

- Unha cantiga para a festividade do Samaín
 
- "Fiz, o coleccionista de medos", é una historia escrita por Fina Casalderey e Teresa Lima que nos fala da superación que cada quen debe afrontar contra os seus propios medos. ( Adaptación cinematográfica da obra por OQO vía politicalinguística)


PASARÉMOLO DE MEDOOOOO!!!

lunes, 29 de octubre de 2012

Xogo do Samaín

 

 
Este xa é de maiores. Antes de responder deberás  ler algo desta celebración, para ter unha información. Se o fas, xa verás como respondes ben todo, todo. Adiante!

CHEGA O SAMAÍN !!!!!!!!!!!!!!

Xogo do Samaín




Preme na imaxe e....VERAAAAAAAS!!! Un divertido xogo para ir abrindo boca cara ao Samaín, que vimos en Medrando xuntos

Rock do Samaín